
Por Benny Morris
National Interest
Por suposto, todo consiste máis ou menos en realizar boxeo de sombra -o discurso político de Obama sobre o Oriente Medio Oriente, a réplica de liña dura de Netanyahu ante ambas cámaras do Congreso-. O proceso de paz non vai a ningures, e é que non pode ir. Os palestinos non teñen a intención de negociar de boa fe porque non teñen a intención de chegar a unha solución de dous estados. Eles queren toda Palestina, nin máis nin menos. Hamas o di clara e simplemente, mentres Abbas desprega unha lingua bífida. Pero a súa intención é a mesma. Pero Netanyahu non está a xogar a ese xogo, e isto está a custarlle moi caro a Israel no ámbito internacional. Tería que deixar de lado os seus cálculos políticos internos e a rede política de seguridade do seu goberno e porse a practicar boxeo de sombra como o resto dos participantes. El está nunha posición política envexable ao ter unha coalición ampla e profunda, e podería darse o luxo de ter desercións xa que partido o opositor centrista, o Kadima liderado por Tzipi Livni, estará sempre alí para tomar a substitución se Netanyahu parece demasiado conciliador para os gustos de Avigdor Liberman ou Eli Yishai. Os parámetros de Bill Clinton de decembro do 2000 son o único xogo diplomático na cidade, e en efecto é o que Obama reiterou. Clinton falaba dun estado palestino desmilitarizado (Obama dixo "non militarizado") que debería establecerse no 94-96% da Ribeira Occidental, o 100% da Franxa de Gaza e a parte árabe de Xerusalén oriental. Obama fala dunha solución de dous Estados baseada nas liñas de 1967 pero con intercambios territoriais. É o mesmo. Israel reterá un 4-6% de Cisxordania (que conterá os bloques de asentamentos máis importantes) e dará en troques aos palestinos unha porción equivalente de territorio israelí.
Clinton foi máis explícito acerca de como resolver o problema dos refuxiados: os refuxiados volverían ao futuro Estado palestino ou se reasentarían fóra do Oriente Medio. Obama preferiu ser menos explícito neste punto -perdendo bastantes puntos entre os israelís- e limitouse a dicir que Israel debe seguir sendo un estado de maioría xudía, o Estado do pobo xudeu. O significado practicamente era o mesmo, non haberá unha substancial afluencia de refuxiados árabes ao interior de Israel. Volvendo ao primeiro ministro, hai dous anos Netanyahu pareceu liberarse das ataduras ideolóxicas do Gran Israel e anunciou que asumía

Pero, como xa dixen antes, todo isto é boxeo de sombra. Os palestinos nunca estarán de acordo en renunciar ao "dereito de retorno", o mantra e o espírito do seu movemento nacional, e en certo sentido, o núcleo da súa identidade. E ademais nunca chegarán a estar de acordo cun Estado xudeu na maior parte de Palestina. Así que Netanyahu nunca será chamado, de maneira concreta, a renunciar a Xerusalén oriental. Pero para que Israel manteña un chisco de simpatía e apoio internacional, tamén debería seguir con ese "xogo" e tomar o touro polos cornos, indo até o final da mascarada e exercitando o seu boxeo de sombra. Isto forma parte do que implica ser un líder, lamentablemente para Israel, no pouco apetitoso contexto xeopolítico no que habita.
Comentarios
Muito legal o idioma de vocês, meio que uma mistura entre português e espanhol mais para o português. Gostei mesmo. Além disso, a análise de vocês sobre o conflito entre os palestinos e eles mesmos está excelente e bem focada. Parabéns!
Paulinho Rosenbaum
TROPICASHER - A Torá Tropical
www.tropicasher.com.br