As claves do discurso de Obama e a reacción de Netanyahu

Netanyahu e Obama aos 20 anos

Por David Mandel
www.mandeldavid.com

.
O presidente Barack Obama deu un discurso o pasado xoves 19 de maio do 2011 no cal presentou algunhas propostas que xeraron unha inmediata reacción negativa de Netanyahu, o primeiro ministro de Israel. Fagamos un repaso:
· Obama expresou que as fronteiras entre Israel e Palestina deben ser as liñas do armisticio de 1949, tamén chamadas "fronteiras do 67" ou "Liña verde", (manifestando así o seu apoio á posición palestina), con intercambios de territorios por mutuo acordo. Esta declaración é un envorco completo da política americana, e fai caso omiso da carta que o seu predecesor, o presidente George W.Bush, enviou a Ariel Sharon, na cal manifestou que había que tomar en conta as realidades existentes (500,000 israelís viven hoxe no outro lado das fronteiras do 67).
. Netanyahu non acepta as fronteiras do 67 como fronteiras definitivas de Israel porque son imposíbeis de defender. Israel, na súa parte máis estreita, ten só 14 quilómetros de ancho, (en comparación, a Avenida Wilshire de Los Ángeles, California, ten 26 quilómetros de longo, case o dobre). O Aeroporto Internacional Ben Gurión ficaría a mercede dos foguetes e mísiles palestinos. Aba Eban chamaba ás fronteiras do armisticio, "Fronteiras de Auschwitz" por constituír un perigo mortal e existencial para o Estado Xudeu.
· Obama dixo que o Estado de Palestina tería fronteira con Xordania, o cal significa que o control do val do río Xordán, primeira liña de defensa de Israel contra exércitos invasores que veñan do leste, estaría en mans dos árabes palestinos.
. Netanyahu considera que o val do Xordán ten un valor estratéxico invaluábel e irremplazábel para a defensa de Israel.
· Obama dixo que as negociacións entre Israel e os palestinos deben, na súa primeira etapa, deixar resolto o tema das fronteiras, que é o que os palestinos piden.
. Netanyahu insiste en que todos os puntos, incluíndo Jerusalem e a solución ao problema dos refuxiados palestinos, deben ser tratados simultaneamente, para que ambas partes, non só Israel, fagan concesións nas negociacións. Resolver o tema das fronteiras sen negociar os outros puntos equivale a entregar aos palestinos todo o que esixen sen recibir nada a cambio.
· Obama non mencionou que os refuxiados palestinos deban ser absorbidos polo futuro Estado palestino.
. Netanyahu declarou que a carta de Bush claramente especificou que a solución ao problema dos refuxiados sería no territorio do futuro Estado Palestino.
Como resumo clarificador de cal é a situación en Jerusalem e non a milleiros de kilómetros no despacho Oval, Netanyahu afirmou que el "non ten marxe de erro". Que "Israel pode non ter unha segunda oportunidade".

Comentarios