Era esta unha charla que tiñamos moi especial gañas de organizar. Desde hai anos, desde que hai case 5 nacera AGAI en decembro de 2006. Organizar unha actividade na que puideramos tratar o caso único no mundo do Kibbutz, do movemento kibbutziano, foi -ate onte- unha asignatura pendente. Onte por fin estivemos unha vez máis en Sargadelos, grazas de novo a Jorge e Amador pola súa amabilidade e xenerosidade, nese lugar magnífico para a reflexión sosegada entre as súas paredes de pedra e o reflexo da súa historia, que é tamén parte da historia moderna de Galicia. Falamos do Kibbutz, do centenario Kibbutz. Concretamente 101 anos. desde que no ano 1910, un entusiasta grupo de xudeus sionistas de orixe rusa chegados a Israel na denominada 2ª aliá (inmigración), cando fundaron á beira do Lago Kinneret (Mar de Galilea) Degania, o primeiro kibbutz. Esos doce homes e mulleres coa mente chea de ideais socialistas propúñanse "crear unha sociedade que non se baseara na propiedade privada, senon na propiedade colectiva e democrática dos medios de producción". Unha comunidade socialista democrática única no mundo e que ao longo da súa vida xa centenaria conseguiu superar obstáculos tremendos en tempos sempre convulsos tanto na sociedade israelí como mundial, e conseguir sobrevivir con transformacións e adaptacións lóxicas e naturais, a crises económicas, a dúas guerras mundiais, ao Holocausto, a múltiples guerras de supervivencia de Israel cos seus pouco amigábeis veciños e ao impacto da caida estrepitosa do denominado "Socialismo real", da caída do Muro de Berlín e con ela, da práctica totalidade dos reximes estalinistas no mundo. Non da totalidade evidentemente, ainda fican as Korea, China, Cuba ou a nosa enxebre UPG, mais si foi unha brusca sacodida para toda a esquerda mundial que tamén -loxicamente- afectou ao kibbutz socialista israelí e a toda a esquerda política e sindical israelí. Falamos logo na charla disto. Mais teño o convencimento de que parte da aparente crise que afectou ao kibbutz veu da viraxe, do cambio radical da actitude da esquerda europea para con Israel e para co Kibbutz. Reparemos en que pasouse de convocar manifestacións multitudinarias nas rúas de París, convocadas por toda a esquerda francesa, en defensa e apoio do agredido Estado de Israel durante a Guerra dos Seis días en 1967, a ser esta mesma esquerda esuropea en grande medida o niño onde mora o anti israelismo máis visceral e irracional (careuta politicamente correcta da xudeofóbia rancia de toda a vida). Cousas pasan no mundo. Desde logo esta viraxe -insisto que irracional- reclama seguro unha charla propia na que abordar os por ques da mesma. E para explicarnos as súas vivencias, as súas experiencias e os seus coñecementos tivemos o pracer de poder contar co amigo e javer Samuel Epstein. Samuel naceu hai 60 anos en Uruguai. Casado con Francis Papiernik, en 1971 fan aliá (volven, ascenden) a Israel, concretamente ao Kibbutz Ein Hashloshá, onde viven ate o ano 1993. Ese ano a Axencia Xudía e a Organización Sionista enviouno a dúas misións no exterior, concretamente ás comunidades xudías do seu Uruguai natal e logo de Venezuela. Desde setembro do ano 2009 viven en Vigo, Samuel e Francis xunto cos seus fillos Bilgai e Avital e as súas netas Sol e Azul. E en breve voltará a morar con nós a nosa amiga Micheline Wolanowsky, nai de Francis. Samuel Epstein é actualmennte vicepresidente da Delegación en Galicia da Cámara de Comercio e Industria España-Israel e socio da Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI.
Texto da presentación de Pedro Gómez-Valadés
Texto da presentación de Pedro Gómez-Valadés
Comentarios