Tariq Ramadan, Abdennur Prado e o islamismo místico


Por Jaume Renyer
24.03. 2011
http://blocs.mesvilaweb.cat/jrenyer
.
Con poucas semanas de diferenza dous personaxes de moi diferente nivel autodefinironse como adeptos do islamismo místico. O primeiro, Tariq Ramadan, (Xenebra, 1962) é de nacionalidade Suíza e de orixe exipcia, declarábao a unha entrevista no xornal La Vanguardia o pasado 24 de febreiro. O segundo, Abdennur Prado, (Barcelona, 1976) un catalán converso ao islam exprésase a través do seu libro "O islam como anarquismo místico".
.
Persoalmente, até agora nunca me sentín atraído por ningún tipo de misticismo e xa que logo non entrarei neste terreo, como (a pesar das súas afirmacións) tampouco o fan os dous referentes do islamismo -a nivel europeo Ramadan, máis o noso Prado- senón que me referirei só á dimensión política do proxecto que ambos propugnan para as sociedades occidentais. Tanto un como o outro, con feitos que desmenten a espiritualidade que predican estando a súa actuación pública máis orientada á intervención política en defensa da cosmovisión islámica que ao debate interrelixioso. Nos seus discursos, a apelación á mística é máis unha forma de esquivar o debate concreto sobre o proxecto de islam á europea que din defender que unha aspiración moral.
.
No caso de Ramadan a leitura do seu libro "A miña visión do islam occidental", (Editorial Kairós, Barcelona, 2011) non achega argumentacións rigorosas exixibles a un intelectual que a revista Foreign Policy situaba hai un par de anos entre o dez máis influintes do mundo. A súa prolífica bibliografía e a súa presenza constante nos medios de comunicación proban a súa capacidade de influencia. A síntese entre cultura occidental e islámica non aparece en ningures, como tampouco é un exemplo de rigor histórico e xurídico o seu artigo no xornal El País do pasado 10 de febreiro, titulado "A Turquía democrática e o modelo", onde presenta unha visión edulcorada da confraría exipcia dos Irmáns Musulmáns fundada polo seu avó Hassan al Bana.
.
Despois de ser despedido polo concello e a universidade Erasmus de Róterdan como asesor en materia de integración dos inmigrantes (ver Le Monde do 25 de agosto do 2009) por mor das súas colaboracións cunha televisión anglófona financiada por Irán, actualmente é profesor na universidade de Oxford nunha cátedra financiada polo emirato catarí. A pesar de declararse admirador do sistema parlamentar inglés, en ningures propugna a súa adaptación aos países islámicos, a súa preferencia é o modelo turco de "democracia forte" que está a emerxer a través da crecente influenza da confraría islámica Fettulah Gülen, que está a dirixir unha campaña represiva contra xornalistas e militares laicos ao amparo da "conspiración Ergenekon".
.
Pola súa banda, Abdennur Prado móvese a un nivel máis modesto intelectualmente pero ten en común con Ramadan o feito de presentarse en sociedade como un interlocutor da conciliación entre islam e o europeismo democrático. Nunhas declaracións ao semanario Els Temps, o 26 de setembro do 2006, afirmaba que "O discurso do papa interesa aos reaccionarios, tanto de Oriente como de Occidente". A súa advertencia ao presidente Rodríguez Zapatero que tería o seu "11-M" (como consecuencia da participación do exército español ao operativo militar da OTAN contra o réxime libio) desacredita o papel arbitral que presuntamente aspira a xogar despois dea súa conversión.
.
Ramadan e Prado compartillan tamén un antisionismo militante que moi pouca cousa ten de místico. O primeiro insiste ao atribuír aos lobbies prol-israelís o que el percibe como islamofobia dos europeos (ver as páxinas 127 e seguintes do seu libro anteriormente mencionado), á vez que ataca o pensamento neoconservador facéndolle unha chiscadela á esquerda antiliberal na loita compartida contra o capitalismo occidental. Prado, pola súa banda tampouco queda curto mostrando un virulento fanatismo anti-israelí con motivo do ataque das Forzas de Defensa de Israel contra Hamas en Gaza, en xaneiro do 2009, sendo un dos adalodes xunto cos nosos antisionistas da casa e os pacifistas católicos que fanlle o xogo.

Comentarios