Onde está o clamor contra o Apartheid árabe?



Por Khaled Abu Toameh*
Hudson New York - 13.03.2011

.
Nabil Mohammed Taha, un neno palestino de 11 anos de idade, morreu esta semana á entrada dun hospital do Líbano despois de que os médicos se negasen a axudalo porque a súa familia non podía permitirse pagar o tratamento médico. O tráxico caso de Taha pon de relevo a difícil situación de centos de miles de palestinos que viven nos campamentos de refuxiados empobrecidos do Líbano e que son vítimas dun sistema de apartheid que négalles o acceso ao traballo, a educación e a atención médica (e as propiedades inmobiliarias).

Ironicamente, a morte do raparigo á entrada ao hospital coincidiu coa Semana do Apartheid Israelí, un festival de odio e incitación organizado por activistas anti-Israel nos campus universitarios dos EEUU, Canadá e outros países. É moi pouco probábel que a xente que está detrás deste festival de odio escoitasen falar sobre o caso de Taha. A xulgar por experiencias pasadas, tamén resultaría altamente improbábel que despois de coñecer o caso farían algo respecto diso como algún tipo de protesta. Por que debería importarlle a alguén que a un neno palestino que selle negue o tratamento médico nun hospital árabe? Esta é unha historia que non ten ningún ángulo anti-Israel ao que agarrarse. Alguén pode imaxinar o que sucedería se un hospital israelí houbese abandonado a un neno e que este falecera posteriormente porque o seu pai non tiña 1.500$ para pagar o seu tratamento? Sen dúbida, o Consello de Seguridade da ONU celebraría unha sesión de emerxencia onde se condenaría enerxicamente a Israel e faríaselle responsábel da morte do raparigo.

Todo isto ocorre en momentos en que decenas de miles de pacientes palestinos continúan beneficiándose de tratamentos na Seguridade Social pública israelí. Só o ano pasado, uns 180.000 palestinos de Cisxordania e da Franxa de Gaza entraron en Israel para recibir tratamento médico. Moitos foron tratados a pesar de que non tiñan nin diñeiro suficiente para cubrir a factura nin por suposto estaban afiliados a Seguridade Social israelí.

En Israel, un atacante suicida que resultará ferido ao tratar de matar a civís xudeus ten dereito a algúns dos mellores tratamentos médicos. E é que existiron moitos casos onde palestinos que resultaron feridos en ataques contra Israel máis tarde terminaron nalgúns dos mellores hospitais de Israel. Por certo, o Líbano non é o único país árabe que oficialmente aplica as leis de apartheid contra os palestinos, negándolles o dereito a recibir tratamento médico adecuado e a posuír bens.
Apenas a semana pasada anunciouse que un centro médico en Xordania decidira deixar de tratar a pacientes palestinos de cancro debido a que a Autoridade Palestina non pagou as súas débedas co centro. Outros países árabes tamén expuxeron multitude de pegas aos palestinos cando se trata de recibir tratamento médico.

É vergoñoso que mentres Israel admite aos pacientes palestinos nos seus hospitais, nos hospitais árabes négaselles o tratamento médico por diversas razóns, incluíndo o diñeiro. Pero entón un lembra que aos ditadores árabes non lles importa a súa propia xente, así que por que deberían prestar atención a un neno de 11 anos de idade que se está morrendo na entrada dun hospital porque o seu pai non leva encima 1.500 dólares?

Pero como a morte sucedeu nun país árabe - e como a vítima é un árabe -, por que alguén se debería preocupar por iso? Onde está o clamor occidental contra o apartheid árabe?
.
* xornalista árabe-israelí

Comentarios