.
Hoxe é o Día Internacional para a recordación do Holocausto. A min paréceme ben aínda que preferise o termo conmemoración ao de recordación. Conmemorar é facer memoria común e facer memoria, ter memoria e transmitila é moito máis, significa moito máis que ter recordos, máis se estes non son gratos. Facer memoria de que a brutalidade dos humanos é inconmensurábel e condenala pode axudar a diminuíla. O tempo que dure esa diminución é o que sairán gañado aqueles que a gocen. Ese esforzo paga a pena.
.
No acto de inauguración do Museo do Holocausto, situado en Yad Vashem, en Israel, en maio de 2005, o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Kofi Annan, dixo (máis ou menos) que "a repulsa ao xenocidio, ao asasinato sistemático de seis millóns de xudeus e millóns doutras persoas foi tamén un dos factores que promoveron a Declaración Universal dos Dereitos Humanos".
.
Nunca ocultei o meu afecto pola cultura xudía, da que formo parte, ao ser a miña a xudeo-cristiá. Son consciente de que, nalgún remoto e ignoto punto da miña ascendencia familiar, esta profesou a súa relixión pois os seus apelidos e as profesións que exerceron así mo suxiren. Con todo, cada vez que escoito falar dos seis millóns de xudeus, non son quen de evitar o recordatorio dos vinte millóns doutras persoas, comunistas unhas, agnósticas outras, demócratas non poucas, tamén católicas ou budistas, crentes, adversarios políticos, e así até a desesperación e a desesperanza que levou Stalin por diante. Con elas tamén os millóns e millóns de xentes que os totalitarismos de todas as cores e procedencias van eliminando ao longo e ancho da Terra.
.
En non poucas ocasións, poderíase pensar que tantos millóns e millóns de seres foron asasinados polo mero pracer de matar. Por iso creo que hai que recoñecerlle aos xudeus -á vez que se mostra gratitude por iso- a persistencia posta en lembrarnos que o horror é posíbel. Doutra maneira poderiamos esquecelo. Se se fixan nas palabras de Kofi Annan, din: "o xenocidio sistemático de xudeus e "millóns doutras persoas" sen citalas, sen contextualizalas.
.
É posíbel que, a estes efectos, unicamente sexa posíbel nomear ao seis millóns de xudeus. Non ao vinte de aquí, os centos de miles de alí, os millóns daqueloutro lado, pois a realidade política aconsella uns modos e unhas linguaxes distintas aos do común dos mortais que viven instalados nun sistema de valores morais que non teñen alá moito que ver cos valores políticos, que son outros e distintos, aínda que desexábel fose que puidesen profesar aqueles con maior intensidade e frecuencia das habituais. Por iso hoxe condenemos todos o Holocausto. Ao facelo estaremos a condenar a barbarie, o máis execrable do ser humano, a súa capacidade de destrución de todo o que dignifica ao ser humano e o redime de si mesmo.

El Correo Gallego - 27.01.2011
Comentarios