Comunicado do Meretz sobre o recoñecemento a Palestina


O recoñecemento dun estado que aínda non se ten constituído, vólvese só retórica. Arxentina, Brasil e América Latina no seu conxunto teñen un rol moi importante que cumprir, influenciando e alentando aos moderados de ambas partes para que poidan chegar a un acordo. Un recoñecemento prematuro, onde non se teñan en conta os obstáculos reais que sofre o pobo palestino por parte do movemento fundamentalista Hamas, que co apoio iraniano non só obstaculiza o proceso de paz, senón que é unha ameaza real para a Autoridade Palestina, non é unha contribución á paz senón só unha declaración máis orientada ao consumo local e rexional antes que un achegue real a resolución do conflito. A pesar das dificultades nas negociacións de paz, pódese afirmar que cada vez estase máis preto de alcanzar a paz entre israelís e palestinos, baixo a fórmula de dous estados para dous pobos, que convivan en paz e seguridade. Desde o Meretz sempre defendemos esa fórmula e seguiremos loitando por ela. Convidamos aos gobernos arxentino e brasileiro a sumarse activamente en favor do éxito das negociacións.

14 de decembro 2010

Comentarios