Imaxinen un Israel sen o seu carácter xudeu


Masada: imaxes de National Geographic do fotógrafo Michael Melford

Por Shlomo Avineri

Haaretz

Non vai suceder. Pero se chegase a ocorrer, o que sucedería probablemente pareceríase a isto. Un día, despois de moitos anos de discusións e debates, a Knesset, por consideración aos cidadáns árabes de Israel e o desexo de promover unha cidadanía plena e igualitaria, decidiu omitir toda referencia á identidade xudía de Israel. "Todos somos israelís, cidadáns iguais na nosa patria común", declarou o presidente do Knesset. "Do mesmo xeito que en Francia só hai franceses, a partir de agora en Israel só haberá israelís. Cada comunidade será capaz de desenvolver unha identidade separada de si mesma, pero será un asunto privado, sen apreciación pública". Decidiuse que na apartado "nacionalidade" dos nosos cartóns de identificación só aparecería "israelí".

Na primeira sesión da Knesset despois de aprobada esa decisión, os deputados árabes esixiron que a imaxe de Theodor Herzl fose retirada da cámara. Anunciaron que se a súa proposta non era aceptaba irían até o Tribunal Superior de Xustiza, "xa que a imaxe do fundador do sionismo na sede do poder lexislativo fere os sentimentos dos cidadáns árabes e perpetúa a discriminación contra eles. Non hai lugar na Knesset para ese xornalista austro-húngaro que nunca viviu no país". Ao mesmo tempo, outro deputado árabe propuxo un proxecto de lei para cambiar os símbolos do estado, a bandeira e o himno. "Eses son simbolos unicamente xudeus e sionistas, e xa non teñen un lugar no país. A Menorah, o candelabro de sete brazos que estivo ou non ao pé dun templo xudeu, se este realmente existiu ou deixou de existir, non pode expresar a igualdade de todos nós como cidadáns". Tamén houbo unha proposta para cambiar o nome da Knesset, pola orixe do termo, bet Knesset (sinagoga) e a Knesset Hagdola (a Gran Asemblea), pero esa proposta foi rexeitada polo momento.

Anticipándose á chegada do mes hebreo de Tishri, a Israel Broadcasting Authority (a Radiodifusión de Israel) emitiu varias reportaxes sobre os preparativos para as festividades, e como sempre lembraron que "as multitudes de Am Israel [o pobo de Israel] están a prepararse para o día festivo" e que "as masas de Beit Yisrael [a Casa de Israel] encherán as praias de Turquía durante a festividade de Sucot". Unha organización árabe de dereitos humanos solicitou ao Tribunal Supremo que ordenase á Israel Broadcasting Authority que se prohibise a expresión Am Israel a ese respecto. "A expresión Am Israel non pode utilizarse nun programa público por unhas festividades de calquera grupo relixioso. Só hai un Am Yisrael e inclúenos a todos, xudeus, musulmáns, cristiáns e as persoas sen relixión. Calquera outro uso é racista e discriminatorio". Unha comisión de sete xuíces foi designado para ditaminar sobre o asunto.

Un grupo da rama norte do Movemento Islámico solicitou á Corte Suprema que se suprima a denominación o "Gran Rabinato de Israel". "Pode ser o gran rabino dos xudeus, pero non de Israel". Tamén se falou da supresión do Keren Kayameth LeIsrael-Fondo Nacional Xudeu e a transferencia dos seus haberes ao Ministerio de Finanzas. Portavoces árabes propuxeron nos medios de comunicación -ao que se sumaron varios xudeus da esquerda radical, así como un veterano do Movemento Cananeo (renovado)- que para evitar ferir os sentimentos dos cidadáns árabes, o concepto "o Deus de Israel" (Israel Elohei) xa non debería ser mencionado nas oracións xudías. "De ningunha maneira temos a intención de limitar a liberdade de culto dos membros da comunidade relixiosa xudía, pero está claro que o uso da expresión "o Deus de Israel" ten relación cunha oración xudía específica que contravén o espírito das leis aprobadas recentemente". O uso do concepto "a Terra de Israel" (Eretz Yisrael) referíndose á historia xudía do país tamén foi duramente criticado.

Un membro da esquerda radical xudía que apoiou todas as medidas e propostas que deron lugar a eses cambios na lexislación dirixiuse a un dirixente dunha organización árabe e preguntoulle: "Fixemos todo o que desexaban, e aínda así, aínda non estedes satisfeitos. Como debemos chamar ao país para que vostedes realmente se senten como iguais?". Cun amplo sorriso, o dirixente da asociación árabe respondeulle: "Cal é o problema? O verdadeiro nome deste país é e será sempre: Falastin (Palestina)".

Tirado de http://safed-tzfat.blogspot.com/

Comentarios