Fidel Castro: Israel ten sen dúbida dereito a existir.


O primeiro ministro, Beniamín Netanyahu, agradeceu os comentarios do líder cubano Fidel Castro, quen afirmou que Israel ten dereito a existir, durante unha entrevista publicada a principios mes. "Os comentarios de Castro demostran o seu profundo coñecemento da historia do pobo xudeu e do Estado de Israel", subliñou Netanyahu. Cando o reporteiro do Atlantic, Jeffrey Goldberg preguntoulle ao ex presidente cubano se na súa opinión Israel ten dereito a existir como Estado xudeu, "Si, sen dúbida algunha", contestou Castro. Posteriormente, Goldberg preguntoulle ao líder da Revolución Cubana se o seu irmán, Raúl Castro, actual presidente de Cuba, restablecería as relacións diplomáticas con Israel; ao que Fidel respondeu: "estas cousas levan o seu tempo". Durante a entrevista, Castro aludiu explicitamente ao Holocausto: "Agora, imaxinemos que eu fose Netanyahu", dixo o líder cubano de 84 anos de idade, "que estou alí e séntome a pensar [os problemas que enfronta Israel], lembraría que seis millóns de homes e mulleres xudeus, de todas as idades foron exterminados nos campos de concentración. Iso estaría sempre presente". Pola súa banda, o presidente Shimón Peres, tamén se referiu aos comentarios de Castro, afirmando que o apoio do líder cubano cara a Israel "conmoveume moitísimo". "Debo confesarlle que os seus comentarios foron, na miña opinión, inesperados e cheos dunha profundidade intelectual única", escribiu o presidente nunha mensaxe dirixida a Castro. Peres chegou a comparar a Israel con Cuba ao expresar o seu desexo de paz, subliñando que "Cuba é unha illa, rodeada de auga. Israel é unha illa política, rodeada de ameazas. Vostede tentou navegar a grandes mares, para demostrar que unha pequena extensión xeográfica non ten por que reflectir a pequeñez humana, e nós estamos a tratar de demostrar que o pequeno tamaño político non ten necesariamente que reflectir o tamaño dos nosos valores. Por tanto, queremos ver aos nosos veciños como amigos, e se as cousas son mellores para eles; serán mellores para nós". "As súas palabras exhiben unha sorprendente ponte entre unha dura realidade e un novo horizonte", engadiu Peres. "Doulle as grazas desde o fondo do meu corazón. Demostrou que mesmo os que están lonxe poden estar preto".
.
Nun tramo anterior da entrevista, Castro instou o presidente iraniano, Mahmud Ahmadinejad, a deixar de difamar aos xudeus, e dedicou gran parte dunha conversa de cinco horas á cuestión do antisemitismo no mundo.Na versión de Goldberg a posición de Fidel é que "o goberno iraniano serviría mellor á causa da paz se recoñecese a historia "sen precedentes" do antisemitismo, e se tratase de entender por que os israelís temen pola súa existencia". "Non creo que ninguén fose calumniado máis que os xudeus. Os xudeus viviron unha existencia moito máis dura que a nosa. Non hai nada que se poida comparar ao Holocausto", díxolle Castro a The Atlantic. "Diríalle esas mesmas cousas directamente a Ahmadinejad? preguntoulle Goldberg. "Estouchas dicindo a ti para que ti as comuniques", respondeulle.

Comentarios