Por Braulio García Jaén
Público - 17.08.10
.
A metade dos kibbutz, como o de Gan Shmuel fundado en 1921, son anteriores ao Estado de Israel. "O meu papá díxome que iamos cambiar de estilo de vida: Que carallo será estilo e que carallo será vida?, pensei eu". Valeria tiña 10 anos, así que non entendeu que ela, o seu irmán e os seus pais ían mudarse de país. Era verán e cando chegaron, ademais do hebreo ensináronlles a usar máscaras de gas. "Cando soaban as alarmas era porque tiñas que te encerrar no cuarto, pero o meu pai e o meu irmán saían correndo a avisar aos demais. A miña nai púñase histérica". Vinte días despois de que o exército de Sadam Hussein invadise Kuwait o 2 de agosto de 1990, quizá non sexa o mellor momento para cambiar a vida urbanita de Buenos Aires pola vida rural en Israel, ao que o ditador iraquí converteu en diana dos seus mísiles. Pero facía meses que Néstor Elfman e Nora Prepelitchi decidiran irse a vivir a un kibbutz, algo no que tampouco é que fosen pioneiros. Dez homes e dúas mulleres estableceran o primeiro, Degania Aleph, 80 anos antes.
.
.
Só 60 kibbutz, dos 273 que hai na actualidade, viven segundo a idea de comuna orixinal. Nin explotadores nin explotados. Os kibbutz "agrupación", literalmente son comunidades, agrícolas e sionistas en orixe, establecidas en Israel coa idea de traballar e vivir como unha comuna socialista. "Un asentamento sen explotadores nin explotados", lembra a páxina web de Degania Aleph, o kibbutz dos pioneiros, fundado en outubro de 1910. "Foi alí onde os principios de traballo independente e vida colectiva materializáronse", engade. O kibbutz Yzrael, no que a familia Elfman viviu durante tres anos e medio, fora fundado en 1948, o mesmo ano do nacemento do Estado de Israel. Aproximadamente a metade dos 273 kibutz que hai actualmente foron fundados antes que o país que os acolle e do que ocupan un 10% do territorio. A inmensa maioría son laicos; só 16 deles están rexistrados como relixiosos, e neles viven ao redor de 120.000 persoas, segundo datos do propio movemento kibbutzim.
.
Tras dúas décadas perdendo poboación, en dous anos gañaron 2.500 novos habitantes. En Yzrael, durante os anos noventa, todos cobraban o mesmo. "Cobrabamos o mesmo que o xerente xeral da fábrica de Robotim [aspiradoras industriais], que facturaba dez millóns de dólares por ano. En xeral, funcionaba ben e segue funcionando. Pero ampliouse unha enorme cantidade de liberdades e dereitos individuais. Agora, por exemplo, poden ter o seu propio auto". As decisións tomábanse por maioría absoluta de todos os adultos reunidos en asemblea. Hoxe, dos 273 que hai, só uns 60 seguen funcionando segundo aquela idea orixinal. A maioría flexibilizaron a súa planificación colectiva, privatizando algúns servizos que até entón se prestaron de maneira gratuíta, para evitar o colapso financeiro, e permiten soldos diferenciados. Moitos reciben man de obra estranxeira, como o caso dos palestinos que traballaban no kibbutz Yzrael durante os anos noventa, ou os traballadores do sueste asiático chegados durante os últimos anos ao país e que traballaban noutras comunidades. "Foi unha experiencia marabillosa: desde logo, a sociedade máis democrática na que vivimos", lembra Néstor Elfman desde Barcelona, onde chegaron en 1994 para evitar que o seu fillo Martín tivese que incorporarse ao servizo militar en Israel. Os 2.500 novos membros chegados aos kibbutz durante os dous últimos anos supoñen un forte cambio de tendencia cara o medre despois da tendencia á baixa dos últimos 20 anos.

Comentarios