A Tachana reabre as súas portas


Oculta ao público durante moitos anos, a Tachana, que en hebreo significa estación, situada entre o barrio de Neve Zedek e o mar Mediterráneo, acaba de reabrir as súas portas tras 10 anos de restauración. O lugar, durante o período otomán, foi centro neurálxico e bullicioso da actividade comercial da cidade (desde 1892 até 1948) converteuse nun dos centros de lecer e entretemento máis de moda do cosmopolita Tel Aviv. O visitante, unha vez que pasa á área cuberta, alleo ás marabillas arquitectónicas do interior, pode gozar paseando polas 49 hectáreas do complexo que inclúe 22 edificios de diferentes períodos históricos, como a histórica estación de tren, a terminal de carga (1892), a fábrica e fogar da familia alemá Amornar Wielands (1902), a Casa Vermella de estilo árabe (pre 1900), e o almacén da fábrica (1924). O equipo de expertos restaurou meticulosamente os edificios mantendo a integridade histórica e arquitectónica da zona. Dous vagóns de tren albergan unha exposición fotográfica sobre a restauración da Tachana, sobre as vías que hoxe non conducen a ningunha parte, creouse un lugar que combina historia, cultura e comercio. O complexo consta de zonas de moda, restauración, espazos culturais, musicais, spa de Ahava e Tzomet Sefarim, a libraría-cafetaría dedicada exclusivamente á arte e a literatura de deseño; Os xoves pola noite, alberga unha feira artesanal e o venres pola mañá, un mercado con produtos ecolóxicos. Desde aquí saen excursións para visitar a Cidade Branca (Patrimonio Unesco) e o vello barrio de Yafo. http://www.hatachana.co.il/ (de momento só en hebreo pero as fotos falan por si mesmas)

Comentarios