O proceso de lapidación está descrito, con toda a frialdade dos textos legais, nos artigos do Código Penal iraniano e na Sharia. As condendadas -cando son mulleres- deben ser soterradas "até por encima dos seos". Debe de ser sen dúbida unha das mortes máis horribles que un se pode imaxinar. Unha a unha, as pedras van golpeando a parte superior do corpo, magullándoo, lacerándoo, ate que a acumulación de feridas acaba coa vida do reo. Amodo e sen piedade. O proceso está descrito, con toda a frialdade dos textos legais, nos artigos 98 ao 107 do Código Penal islámico iraniano, que mesmo establece quen debe tirar a primeira pedra. En primeiro lugar, entérrase nun buraco ao condenado, "até a cintura" se é un home e "até por encima dos seos" no caso das mulleres, segundo estipula o artigo 102. Parece evidente que é máis fácil tentar escapar do buraco no primeiro caso, extremo que garante o perdón se non houbese testemuñas (artigo 103). Tamén se determina (artigo 104) que "as pedras non poden ser tan grandes como para que maten á vítima ao primeiro ou segundo golpe, pero tampouco tan pequenas que non poidan ser chamadas pedras". No caso de que a condena fose froito da confesión, o xuíz ten a responsabilidade de arroxar a primeira pedra. Se houbese testemuñas, serían estes quen terían a dubidosa honra; a continuación, viría o xuíz e o resto dos presentes na execución que por lei non poden ser menos de tres. Dado que as lapidacións son moi polémicas internacionalmente, adoitan celebrarse a porta pechada e é por tanto difícil saber que tipo de persoas (seres humanos?) acceden a participar nun castigo tan cruel. Hai que ter moito estómago para aguantar a lenta agonía que garante o goteo de pedras até que as hemorraxias ou a fractura do cranio causan a morte. A película "A Lapidación de Soraya M.", baseada no libro do mesmo título de Freidoune Sahebjam, permite achegarse a ese horror que o islam fai lei.
Comentarios