Silencio da Comisión de Dereitos Humanos da ONU sobre Kirguistán


Intervención na Comisión de Dereitos Humanos de Nacións Unidas, Hiller Neuer, na que critica con dureza como esta organización ignora os masacres e a crise humanitaria acontecida esta semana en Kirguizistán, e no seu lugar consagra unha nova sesión máis monograficamente a Israel. A axenda da sesión, como non podía ser doutro xeito nun órgano tan obxectivo que conta coa presidenza de países da talla humanitaria/democrática de Cuba, Libia, Sudán, Irán, Siria..., tiña tratar da situación dos dereitos humanos en Gaza.
.
"Sr. Presidente, atopámonos reunidos en virtude dunha orde do día que apunta novamente a Israel. Hai dúas cousas terriblemente erróneas con este enfoque desproporcionado. En primeiro lugar, o enfoque está sesgado. Despois de que o punto se adoptase no 2007, o Reino Unido dixo que "a práctica de apuntar e investigar sesgadamente fainos correr o risco de socavar os principios propios do Consello de Dereitos Humanos". Francia afirmou que esa tendencia era "contraria á non selectivización (non singularización) das sesións". Canadá sinalou que o Consello violaba os seus propios principios de universalidade, imparcialidade, obxectividade e non selectividade. Seleccionar ou apuntar sesgadamente a calquera estado membro da ONU, afirmou Canadá, supuña unha actividade "politizada, selectiva, parcial e subxectiva". Pero señor Presidente, hai algo moito máis pernicioso que nos debería afectar a todos os defensores dos dereitos humanos. O 20 de xuño de 2007, o Secretario Xeral Ban Ki-moon, criticou "a decisión do Consello de tratar unicamente un tema rexional específico, dada a gama de violaciónes de dereitos humanos en todo o mundo". Estas palabras nunca estiveron tan claras coma hoxe. Por segunda vez nesta breve sesión, pasamos todo o día de hoxe discutindo supostas violacións de Israel, e escoitamos varios informes sobre investigacións redundantes, todos os cales tratan de conclusións predeterminadas. Con todo, mesmo mentres nos reunimos, a comunidade internacional é testemuña dun grave suceso de agravamento dos dereitos humanos e dunha traxedia humanitaria en Kirguizistán. Polo menos 200 persoas foron asasinadas, 1.500 feridas e hai 100.000 refuxiados que tentan cruzar a fronteira para escapar da violencia. A Cruz Vermella advertiu hai uns intres que a crise humanitaria está "a empeorar por momentos". O informe das testemuñas falan de mulleres e nenos abatidos ao tratar de fuxir, de corpos abandonados nas rúas da cidade e de moitos dos seus edificios destruídos. Segundo Dilmurad Ishanov, un traballador dos dereitos humanos uzbekos en Osh, "están a matar aos uzbekos como animais. Case toda a cidade está en chamas". Sr. Presidente, escoitamos hoxe os discursos de Libia, Siria, Irán, Sudán, Corea do Norte, Venezuela, a Organización da Conferencia Islámica e a liga Árabe. Eu pregúntolles: se todos os seres humanos son iguais, por que vostedes gardan absoluto silencio hoxe polas vítimas de Kirguizistán? Despois de que vostede chamasen a un debate urxente e a unha investigación polo incidente da flotilla humanitaria, por que non facer o mesmo por este suceso ao que todo o mundo está de acordo en cualificar como unha traxedia humanitaria de proporcións enormes? Señor Presidente, este punto do programa ensordece os nosos oídos aos berros das vítimas dos dereitos humanos en todo o mundo".

Comentarios