Por Afonso Vázquez-Monxardín
La Región - 112.06.2010
.
Imaxinan vostedes un día do orgullo hetero no que unha serie de tíos cachas fosen facendo alarde da súa condición sexual desde a cima de carrozas? Non sería correcto politicamente e pedirían algúns, seguramente, que esa mostra de machismo fose prohibida. Pois a min sempre me pareceu que o evidente máximo respecto a calquera persoa -cada un debe poder deitarse con quen lle apeteza, se queren, por suposto – é perfectamente compatible coa consideración da ridiculez das caravanas e os días do orgullo gay. Ser ou non gay non é nada do que sentirse orgulloso ou non. Nin presumir nin ocultar. Realmente debe non ser nada. Como ter ollos azuis ou negros ou gustar a tortilla con cebola ou sen ela. Como ser do Barça, do Madrid ou pasar do fútbol. A ninguén fóra do círculo máis próximo lle ten porque interesar. Por iso, as sociedades avanzadas occidentais, entre as que nos contamos, trata de integrar esa normalidade na súa cotidianeidade sen algueiradas. E ocórrese isto, porque estou especialmente decepcionado cos zerolistas. Saben vostedes que os organizadores do día do Orgullo Gay de Madrid, vetaron da súa caravana e das súas festas, ao colectivo dos gays de Israel. Os gays israelís, como conxunto organizado e como en todos os pobos onde a relixión conta bastante, teñen escasos lazos cos gobernos. Si cos chamados movementos sociais alternativos, ou sexa pacifistas, antinucleares, etc. por iso non me estrañaría que a maioría deles fosen moi críticos coas actuacións do seu poder.
.
E chámame a atención porque a noticia foi ilustrada na TVE con imaxes, supoño que do ano pasado, nas que o colectivo combinaba as bandeiras propias do arco iris coas tricolores republicanas como se fose daquela e non na monarquía parlamentaria actual cando se recoñeceron os seus dereitos. Pero máis me preocupou por ese alucinante todo vale contra Israel. Mellor que expulsar aos gays xudeus sería poñelos de exemplo de como se pode vivir libremente naquela zona. E facer algún acto sobre os varios centos de homosexuais –algúns falan de 4000 pero paréceme esaxerado- colgados polo pescozo en Irán desde 1979 en que o Jomeini subiu ao poder e cunhas leis que inspiran o goberno de Hamás. Por algúns destes cidadáns gays como Alí Mozafarian, Makwan Mouloudzadeh, os mozos Mahmoud Asgari y Ayaz Marhoni ou Ali Sharifi, xa non se pode facer nada: foron executados e se cadra lembran vostedes as fotos deles pendurados dunha grúa tipo Bertólez ou Cortés. Aínda así, por Nemat Safavi, que arestora ten dezanove anos, talvez aínda se poda facer algo. Está a agardando a execución polos delitos cometidos aos dezaseis anos.

En fin, igual que o outro día foi agredido na Universidade de Madrid o sabio científico ecoloxista Eytan Levy, só polo feito de ser israelí, agora este novo comportamento innobre pódese considerar racista porque non castiga a un goberno senón agrede a cidadáns particulares por ser dunha nacionalidade ou dun país cuxa política abominan. Feo. Moi feo.

Comentarios