Hipatia, tería amizade con Israel.

Por Cesar Pazos *
.
No ano 415 (D.c) Hipatia, Directora da mítica Biblioteca de Alejandría, matemática, astrónoma e física, xefa da escola neoplatónica de filosofía, caia nas máns de fanáticos seguidores do Arzobisbo Cirilo. Arrancáronna da súa carruaxe, rompéronlle os seus vestidos... e a matárona. Os seus restos foron queimados, as súas obras destruidas e o seu nome esquecido. Cirilo, Arzobispo de Alejandría, foi proclamado Santo.

No ano 2010 (D.c.) na Universidade de Madrid, Eytan Levy, científico israelí, Enxeñeiro Químico, que desenvolveu dúas patentes de enerxía verde: un tratamento biolóxico para potabilizar o auga de desfeitos -probablemente necesaria en Gaza- e outra para producir enerxía verde a partir dunha bacteria. Caía nas máns dunha turba de “neo-feligreses” do arzobispo Cirilo. Rodearon o vehículo onde viaxaba, insultárono, zarandeárono, rompéronlle os cristais con pedras e unha delas fendeulle na cabeza. A Complutense de Madrid garda silencio. Como os Santos.

Estes dous feitos tan distanciados no tempo, teñen algo en común que os aproxima. O feito común é o ataque á ciencia, ó coñecemento e en consecuencia ó progreso. Ataque mesmo á raíz da democracia. Cos mesmos argumentos que Cirilo. O arzebispo despreciaba a Hipatia por ser un símbolo de cultura e ciencia. A esquerda non ilustrada e fanática repite os mesmos complexos de hai 1.595 anos. Desprecian a Eytan Levy, por ser tamén símbolo de cultura e ciencia. Valores de progreso presentes no pobo israelí.

Estos fanáticos de épocas tan distantes, que nunca se coñeceron entre eles representan a barbarie e o atraso. Non se poden convencer de nada porque as súas creencias impiden ver evidencias. Somentes queren ver o que necesitan crer. E cren que Israel é culpable de todo. Ata dos avances científicos e da cultura por necesarias que estas sexan. Preferirían vivir na ignorancia a recoñecer o intelecto do pobo israelí, por seren xudeos.

Hipatia e a Biblioteca de Alejandría fálannos a través do tempo en silencio de xeito claro. Directamente a nosa conciencia para recuperar a memoria. É una loita milenaria entre ciencia e misticismo, democracia e tiranía, liberdade e opresión. Caldo de cultivo para a terrible enfermidade da xenofobia e o fascismo, doutra volta revestida de antisemitismo. Neste tempo Israel semella a Biblioteca de Alejandria. Un pobo que se supera e medra a través da ciencia aplicada. Aportando ao mundo os seus descubrimentos. A ciencia e o coñecemento poden estar séculos aletargados e despois florecer no chan máis desértico. Por estes valores Israel progresa e contribúe ao progreso do mundo. Ó contrario dos fundamentalista islámicos a quen a oscura esquerda sempre xustifica.

Se Hipatia tivera que escoller con quen ter amizade e onde viver e desenvolver toda a súa ciencia, escollería un país onde non existan preguntas prohibidas. Onde todo poida ser cuestionado e practicar ciencia e democracia a borbotóns. Un pobo que permita o debate, a participación da cidadanía. Un país que permitise igualdade entre homes e mulleres. Onde elas poidesen ser Presidentas, policias, xuices, mulleres e científicas. Todo esto teno Israel. Probablemente con erros. Pero de seguro que onde todos estos dereitos e obrigacións non existen é en Irán e os países fundamentalistas islamistas que atacan a Israel. Tampouco compartiría amizade con paises onde fanáticos que practican as formas do arzobispo Cirilo perseguisen a ciencia. Como na Universidade de Madrid cuxo silencio é o maior berro antisemita, antidemocrático e anticiencia.
* Membro da Directiva da Cámara de Comercio Galicia-Israel

Comentarios