Por Manuel Molares do Val
Unha investigación recente do prestixioso Pew Research Center afirma que os sentimentos antixudeus e contra Israel dos españois creceron nos últimos anos do 21 ao 46 por cento. Están azuzados por autoproclamados progresistas, moitos deles xornalistas, xunto con activistas de extrema dereita, con complexo de inferioridade ante os xudeus. Xustifícanse afirmando que defenden así aos palestinos. Pero non: desprézanos secretamente, e trátanos co paternalismo que teñen coas súas mascotas.
E si, ódiase a Israel polo seu laicismo, por converter o deserto en xardín, por crear laranxas sen pebidas ou conseguir palmeiras ananas que producen dez veces máis dátiles que as comúns. Porque fabricou o primeiro teléfono celular, desenvolveu os sistemas Windows NT e XP para Microsoft e os procesadores Pentium e Centrino para Intel. Porque ten nun anaquiño de terra a maior concentración do mundo de empresas de alta tecnoloxía, 3.500, e o terceiro maior número de empresas da NASDAQ, a gran bolsa electrónica. Irritémonos máis: é o segundo destino dos fondos de capital risco. Quen aventuran os seus capitais esperando grandes beneficios, incluíndo os árabes ricos, prefiren investir en Israel a facelo en España, por exemplo.
Odiamos a Israel porque ten o maior número de empresas de biotecnoloxía do planeta para os seus sete millóns de habitantes. Porque o 25 por cento dos seus traballadores é universitario e porque o doce por cento é doutor. Odiamos a Israel porque presenta o índice de patentes per capita máis alto do mundo, porque publica máis artigos científicos que ningunha outra nación, 109 cada 10.000 habitantes, e porque só no último lustro deu cinco premios Nobel. Os mediocres disimulamos o noso odio a Israel apoiándonos e denunciando a pobreza dos veciños. Queremos a vella Palestina con pobos pobres, nómades, polígamos, con mulleres tapadas: condescendentes, cremos expresar así a nosa superioridade sen que se note.
Comentarios
(*) - expressão portuguesa que significa ciúme, dspeito.
João Moreira