Por Jackson Diehl
The Whashington Post
Unha administración novata podería ser escusada de cometer tal erro no traizoeiro e complexo teatro da diplomacia de Medio Oriente. É por iso que, a Obama, moitos non lle prestaron atención cando cometeu hai exactamente un ano, a mesma equivocación. Nesta segunda oportunidade, o presidente non parece inxenuo. Aparece simplemente como vengativo. Mentres, Irán avanza día a día na súa carreira nuclear.
The Whashington Post
Pasaron dúas semanas desde que o Presidente Barack Obama elixiu aproveitar un anuncio inoportuno, mais rutinario, sobre as novas vivendas xudías na capital de Israel para lanzar outra confrontación pública co goberno de Benjamin Netanyahu. Os resultados, até o momento, son estes:
A demanda de Obama, a través da súa Secretaria de Estado Hillary Clinton, de que Israel se retracte na súa decisión sobre o novo barrio e conxele todas as outras construcións en Xerusalén, foi rexeitado, en público, polo propio Primeiro Ministro Netanyahu. E a administración USA, por segunda vez nun ano, apoiouna. "En última instancia", dixo o voceiro de Estado P.J.Crowley na súa reunión do martes, "o futuro de Xerusalén só pode ser resolto a través de negociacións directas (entre Israel e os palestinos) que, esperamos, comecen tan axiña que como sexa posible". Esa, palabra por palabra, foi -desde sempre- a posición israelí.
Mentres tanto, o presidente palestino Mahmoud Abbas adoptou, como propia, a demanda orixinal de Obama: di que non comezará, nin sequera as conversacións, próximas e indirectas que acordou, previamente, mentres Israel non acepte os termos de Clinton sobre Xerusalén. Podía facelo doutro xeito? Porque o líder palestino non pode ser menos prol-palestino que a Casa Branca. Aínda que Abbas non pode ceder á súa posición con tanta facilidade - o que significa que, por segunda vez nun ano, o proceso de paz no medio Oriente atascou, nun punto morto tramado por EEUU. Os negociadores estadounidenses e israelís traballaron até as 3 da madrugada do mércores nun intento de chegar a unha fórmula que permitise avanzar nas negociacións. Reuníronse, outra vez, o mércores pola mañá. Até o momento, sen sorte.
Finalmente, Obama agregou máis veleno á relación entre EEUU e Israel que xa se atopaba no seu punto máis baixo das últimas dúas décadas. O martes, pola noite, a Casa Branca rexeitou o permiso para que, fotógrafos non oficiais, rexistrasen o encontro do presidente con Netanyahu. Logo, non se fixo pública ningunha declaración oficial. Netanyahu está a ser tratado coma se fose un indesexable ditador do Terceiro Mundo, necesitado de razóns estratéxicas e mantido "baixo control" Iso é algo que, de maneira rápida, o resto do mundo deberá advertir e responder. Como os palestinos, os gobernos europeos non poden ser máis amigables cun líder israelí que con EEUU.

Tería Gran Bretaña, expulsado, o martes, a un diplomático israelí pola súa suposta relación cos pasaportes falsificados se non houbese claridade entre Obama e Netanyahu? Talvez non.
As explicacións da Casa Branca pola conduta de Obama mantéñense cambiantes. Primeiro, o voceiro da CB insistiu en que, o presidente, tiña que responder ao "insulto" do anuncio dos denominados "asentamentos" durante a visita a Xerusalén do vicepresidente Joe Biden- incluso a administración sabía que, lonxe de ser un desaire calculado, a decisión normal e soberana por parte dun concello local tomou, ao propio Netanyahu, por sorpresa.
Logo, a administración sostivo que, a pelexa, era un toque de atención necesario para o goberno dereitista de Netanyahu que, segundo se di, advertiu que, o seu fracaso no avance cara a un entendemento cos palestinos, estaba a pór en perigo os intereses de EEUU na rexión. Pero, supondo -por un momento- que a premisa da administración USA sexa correcta; Obama elixiu desafiar a Netanyahu nun punto que non é esencial para a creación dun Estado palestino. Tal como o líder israelí destacou, as administracións estadounidenses anteriores e os mesmos palestinos xa aceptaron que, os barrios xudeus de, e ao redor de Xerusalén, sexan anexados a Israel a cambio de territorio noutras partes.
Será necesaria a presión de EEUU sobre Netanyahu si, algunha vez, o proceso de paz alcanza o punto onde as cuestións polémicas xenuínas -como os refuxiados palestinos ou as compensacións territoriais exactas- estean sobre a mesa. Pero, en lugar de agardar ese momento e empuxar a Netanyahu a un punto no cal poida ser vulnerábel a un desafío interno, Obama escolle unha pelexa sobre algo no que virtualmente todos os israelís de calquera condición poítica coinciden, e que orixinou, antes, serias discusións. Como escribiu hai uns días o veterano analista de Medio Oriente, Robert Malley: "A presión de EEUU pode funcionar, pero necesita ser no momento xusto, no tema correcto e no contexto político adecuado. A administración está lista para unha pelexa, pero de deuse conta que o tema, o timing e o contexto estaban equivocados".

Comentarios