Cumprirá este o kibbutz 100 anos de existencia, pero desde os seus inicios ate hoxe o movemento kibbuziano sufriu unha gran evolución e adaptación aos cambios no mundo e na sociadade no transcurso do século de vida. Mais ainda aos cen anos de vida, ainda un cuarto dos kibbutzim conservan o seu modelo colectivo e igualitario centenario, mentres que o resto abona salarios aos seus membros. O modelo máis difundido hoxe é o "kibbutz renovado", que é aquel que pasou por un proceso de adaptación. O movemento kibbutziano cumprirá cen anos de vida cunha forma diferente ao que foi nos seus inicios -hai algo que non mude en cen anos?-, xa que un cuarto dos kibbutzim conservan o seu modelo colectivo e igualitario desde hai un século, mentres que no resto abonan salarios aos seus membros, segundo revelou un estudo desenvolvido polo Instituto de Investigación do Kibbutz, na Universidade de Haifa. Outro estudo indicou que o 70 por cento dos seus membros, obteñen menos de 7000 shekalim, mensuais e só o 12 por cento recibe por encima de 12.000 shekalim, o que está lonxe de ser un gran salario. De acordo ao establecido pola investigación, 188 kibutzim -un 72 por cento do total-, condúcense de acordo ao modelo "kibbutz renovado", é dicir, aquel que transcorreu por un proceso de privatización e distribúe salarios aos seus membros. En cambio, ainda 85 kibbutzim -un 25 por cento baséanse no "kibbutz colectivo" e 19 kibbutzim -o 3 por cento- seguen o "modelo mixto", segundo indica o informe. Respecto ao pago igualitario aos que traballan máis aló do traballo regular, o estudo determinou que, dos 18 entre os 85 kibbutzim colectivos, existe polo menos un modo de pago por horas extras, mentres o pago polo traballo en Shabat é o máis difundido. O coordinador da corrente "colectiva" do movemento kibbutziano, Elisha Shapira, explicou: "A novidade máis interesante é que existen kibbutzim que resolveron permanecer equitativos: máis membros comprenden que, no traspaso do kibbutz colectivo ao diferencial, a maioría é prexudicada e só unha minoría mellora a súa condición". Pola súa banda, o Secretario do Movemento Kibbutziano, Zeev Shor expresou: "O movemento certamente atravesou a crise, pero fóra dalgúns poucos que aínda deben resolver problemas internos, todos son moi estables desde o económico e, os fillos, volven a casa. 2500 novos compañeiros rexistráronse no ano 2009, 60% eran fillos do kibbutz que retornaron á súa casa".
Comentarios