EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO


Por Carlos Galansky Koper
La Opinión de A Coruña
24 de Xaneiro de 2010
.
O 1 de novembro de 2005, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a resolución 60/7 na que designou a data do 27 de xaneiro como Día internacional de conmemoración anual en memoria das vítimas do Holocausto. Tras a aprobación da resolución, o secretario xeral das Nacións Unidas describiu este día especial como "un importante recordatorio das ensinanzas universais do Holocausto, atrocidade sen igual que non podemos simplemente relegar ao pasado e esquecer". Iso parece ocorrer en Galiza. O esquecemento desa data está institucionalizado. A excepción do ano 2007, no que o Parlamento de Galiza emitiu un comunicado respecto diso, os dous últimos anos a recordación brillou pola súa ausencia. É unha obriga moral lembrar ás irmás Lola, Amparo e Xulia Touza Domínguez, aos taxistas José Rocha e Javier Míguez, ao intérprete Ricardo Pérez Parada, todos eles de Ribadavia. Tamén ao médico vigués Eduardo Martínez Alonso; todos arriscaron as súas vidas para axudar por centos de perseguidos pola barbarie nazi. Incluír no recordatorio aos miles de exiliados españois que pereceron no campo de concentración de Mauthausen. E por suposto ao asasinato sistemático de millóns de xudeus, vítimas principais do exterminio. É por iso que un debe preguntarse, quen se pode negar a lembrar unha atrocidade desta magnitude? Quizais as forzas políticas de Galiza? O próximo día 27 de xaneiro saberémolo.

Comentarios