BOICOT Á CANTANTE NOA?


Por Xavier Andreu
.
Hai unha cousa impertorbable, e é a mestura do antisionismo e a progresia. Este pasado Once de Setembro a cantante israelí Noa foi convidada a cantar "El Cant dels Ocells" no Parc de la Ciutadella de Barcelona e rapidamente todo o progresismo antisionista coa mellor gala antibelicista pediu que lle fixéramos o boicot.

Argumentos? Pois un de moito peso, negouse a condenar o dereito do seu país a defenderse. A Plataforma "Aturem la Guerra" pediulle o mes de febreiro pasado que condenase o ataque do Exército Israelí contra Hamas na Franxa de Gaza, e a cantante fixo oídos xordos, non entrarei a defender os argumentos do Estado de Israel para atacar aos terroristas de Hamas, é un problema seu, pero o que non se pode facer é pedir a unha persoa que condene ao seu propio país e o dereito inalienable que ten este a defenderse. Noa non é ningún activista, é unha cantante, e persoalmente teño que recoñecer que a admiro polo seu traballo, ten unha excelente voz e pon todo o alma nas súas interpretacións. Curiosamente sempre tomou parte en actos e encontros reclamando a Paz no Próximo Oriente, mesmo adoita actuar con músicos palestinos. Realmente os antisionistas de "Aturem la Guerra" erraron de obxectivo,... ou non. O progresismo deste país, e o dos veciños, ten unha certa paranoia conspirativa, iso si, moi selectiva. Só sabe atopar culpables nun lado do segmento político, non pedirá o boicot a cantantes vascos que se neguen a condenar a violencia de ETA nin a palestinos que pechen os ollos ante a barbarie dos integristas de Hamas. Só condenará a Israel e/ou a Occidente, xustamente o pouco mundo libre que hai. Esta condena agóchase baixo un veo antibelicista, mais é só unha escusa, en realidade atopamos a longa man do antisionismo que impregna o progresismo español e catalán.

Curiosamente este sector ideolóxico é quen máis empuxa ao condenar ao Estado de Israel, e ao tentar boicotear á cantante Noa van máis aló, pondo no mesmo saco a unha artista e a un estado, facendo culpables aos cidadáns dos actos do seu goberno, realmente temos exemplos non moi afastados desta política, e xustamente pensabamos que eran tempos pasados, que xa non volveriamos ver. Deixemos a Noa que cante en paz e pola paz, e aos progresistas antibelicistas e de paso antisemitas, recomendariámoslle que fosen facer unha xira en Irán, Afganistán, ou a outros moitos países onde por nada, córtanche unha man ou danche 90 lategazos.

Comentarios