BIALYSTOK: UNHA REBELIÓN ESQUECIDA


Por Moshe Rozen
.
A palabra Shoáh, as imaxes do Ghetto de Varsovia e Mordejai Anilevich, o xóven comandante da rebelión, son vastamente coñecidas: dalgún xeito representan todo o padecimento e heroismo dun pobo. Pero córrese o risco de non recordar outros nomes que deixaron o seu selo na historia do Holocausto e a resistencia xudía. Nestes días cúmprense 66 anos da insurrección do Ghetto de Bialystok, a cidade do nordés polaco na cal, en vésperas da Segunda Guerra Mundial, os xudeus constutían a metade da poboación. Un século antes do estalido da Guerra xa había en Bialystok rabinos Jovevei Tzión, Amantes de Sión. A principios do século vinte o socialismo xudeu sustentado no Bund gañaba as rúas coas súas manifestacións e carteis. A vida xudía nas súas múltiples caras era signo distintivo de Byalistok. A fins de xuño de 1941, coa ocupación alemá do sector ate entón administrado pola Rusia Soviética, os nazis torturan e asasinan a miles de xudeus. Logo, ordenan instalar un ghetto: o primeiro de agosto dese ano foron cincuenta mil xudeus foron confinados nun estreito espazo.
.
Tras dous anos de penurias e opresión, os comandantes da ocupación deciden evacuar aos xudeus "rumbo a Lublín". Trinta mil xudeus exhaustos, famentos camiñan á terminal, cargando as súas pertenzas pero desprovistos de toda esperanza. É o 16 de agosto de 1943. Ás 10 da mañá, mentres a caravana, cercada por alemáns e ucraínos, abandona as rúas de Bialystok, escoitanse disparos desde a rúa Novogrodzka: estala a rebelión. A mocidade combatente, dirixida por Modejai Tenenbaum-Tamarof e Daniel Moscovich, empuña escasas armas contra o poderoso armamento do Reich. Saben que é unha batalla perdida, pero, como no Ghetto de Varsovia, resolven apostar á dignidade e enfrontan ao aparello da morte. Haika Grossman participou da loita pola resistencia e documentou aquelas horas de angustia e terror. Non permitamos que a ignorancia e o esquecemento silencien as voces da memoria e o testemuño. Haika sobreviviu a masacre e a persecución. Transformou o pesadelo da guerra nun soño "e fíxeno realidade: teño un país, un Kibbutz, teño o meu fogar, pero non me esquezo daqueles que non puideron ver esta nova realidade, nin daqueles que sofren por inxustizas e guerras hoxe".

Comentarios

Anónimo dixo…
"rumbo a Dublín" ? "rumbo a Lublin".


Joao Moreira