Por Lior Haiat*
.
En 2002, os atentados terroristas suicidas palestinos nas rúas, centros comerciais, gardarías e autobuses israelís chegaron a tal punto que os cidadáns tiñan medo de saír das súas casas, de mandar aos seus fillos ao colexio e de subir a un autobús. Ésa era a situación cando o Goberno israelí adoptou a decisión de construír un obstáculo físico entre os terroristas palestinos e as súas vítimas. Desde o inicio da súa construción, o valado de seguridade recibiu moitas críticas. Nalgúns casos, por causas lexítimas, e en moitos máis, por razóns políticas e propagandísticas. Con todo, nin tan sequera todas as críticas poden cambiar os feitos: as cifras. O número de atentados suicidas reduciuse un 95%, e o número de vítimas descendeu un 98%. Os datos mostran que o valado de seguridade non só é un instrumento lexítimo de autodefensa, senón que tamén salva vidas. Dos seus proxectados 720 quilómetros de lonxitude, o 95% está composto de aramados e sensores electrónicos. Só un 5% do trazado é muro de formigón.
.
Por esta razón, está claro que a denominación máis adecuada é a de valado, e non a de muro. O seu ancho, de 40 metros, é similar ao dunha autovía de catro carrís, cun sistema de detección no seu centro. Os tramos construídos en cemento están destinados non só a evitar a infiltración de terroristas, senón tamén a bloquear os seus disparos contra os vehículos israelís que viaxan polas estradas adxacentes. Ao contrario que outros valados noutros lugares do mundo -que teñen como xustificación a de ser evitar a inmigración de persoas que buscan traballo e unha vida mellor-, o caso israelí é completamente diferente. O seu único obxectivo é protexer a vida dos seus cidadáns dos ataques terroristas. O día no que cese o terrorismo, desaparecerá o valado. O Tribunal Supremo de Israel estableceu que a construción do valado é conforme ás leis internacionais, aínda que nalgúns casos obrigou ao Goberno israelí a cambiar o seu trazado. As súas sentenzas baseáronse en buscar un equilibrio entre os prexuízos que causa o valado na vida dos palestinos, por unha banda, e o dereito á vida dos israelís, por outra. A ninguén lle gusta vivir con barreiras. Aos israelís por suposto que tampouco. Esperamos que chegue o momento no que o valado non sexa necesaria e poidamos vivir en paz cos nosos veciños.

*Lior Haiat é portavoz da Embaixada de Israel en España.

Comentarios