CONVERSA COA DOUTORA SOHEIR ASSADY, DO HOSPITAL RAMBAM DE HAIFA



Unha entrevista de Ana Jerozolimski

.
Desde maio deste ano, o Departamento de Nefroloxía do Hospital Rambam na cidade norteña israelí de Haifa, está dirixido pola Doutora Soheir Assady (43 anos), residente en Nazaret, a primeira cidadá árabe musulmá de Israel que chega a esta posición. E aos poucos minutos de falar con ela, que recibiunos cun sorriso e moita enerxía na súa oficina, é fácil comprender por que logrou cumprir o seu soño.

P: Que significado ten para vostede estar nesta posición, Xefa de Departamento nun dos hospitais máis importantes de Israel?
R: Dáme máis enerxía aínda. Claro que me deu moita alegría que me escollan para este cargo, porque é por suposto un recoñecemento, á fin, ao rol da muller tamén na medicina. En realidade, quizais sexa un pouco inxusto dicilo, xa que no hospital Rambam hai outras cinco mulleres Xefas de Departamento e outras once como directoras de Unidades, hai unha Directora administrativa e de feito o 30% dos médicos, son mulleres. Así que realmente podo dicir que estou orgullosa do Rambam por todo isto.
P: Pero vostede viña do Hadassa de Jerusalem.
R: Así é, eu estudei en Hadassa Ein Kerem, fixen alí o stage, e logo, no 1993, sumeime á familia do Rambam, primeiro na miña especialización, logo no departamento de Nefroloxía e despois xa como médica “senior”.
P: Gustoume ese uso do termo “a familia Rambam”, porque realmente irradia orgullo polo lugar no que traballa.
R: Sen dúbida! Eu non fixen unha investigación detallada da situación en todos os hospitais de Israel, pero creo que as porcentaxes que mencionei son sen dúbida dos mellores de Israel.
P: Por que? Trátase dunha política de “discriminación positiva”, para corrixir faltas en favor das mulleres, ou simplemente chegaron aquí moitas mulleres de gran capacidade?
R: Creo que simplemente chegaron mulleres de grande capacidade, pero iso combínase con xente que toma as decisións correctas.
P: Todo vai xunto, claro está....Ou sexa que se unha muller é boa, vai a avanzar..
R: Seguro. Claro que a muller que quere progresar ten que ter certas condicións, cumprir certos requisitos profesionais. Pero se os ten, progresará.
P: E cales son eses requisitos? Que ten vostede, na súa opinión, que lle permitiu chegar á súa posición actual?
R: É un pouco difícil falar de min mesma. O primeiro é traballar seriamente, en forma constante. Para min, nada está sobreentendido. Cando me fixo unha meta, fago o máximo para acadala. Dedicación, abnegación polo traballo, moitas horas de traballo, moito estudo por certo. E creo que a base é amar a profesión. Ademais, interésame. Se un non se aburre, traballa máis. Todo isto, combinado con moita enerxía, curiosidade, traballo intenso... E ao final, hai resultados.
P: Antes de comezar a gravar a entrevista, cando comentabamos en termos xerais sobre o seu nomeamento, dixome que colegas de Colombia aos que coñeceu nun congreso, dixeronlle que sabían que vostede chegaría a isto. O que me interesaría saber é se tamén vostede o sabía ...
R: Creo que deuse no momento apropiado, nas condicións xustas. Eu sigo traballando no departamento no que medrei e realmente todos pasamos aquí máis horas das que pasamos en casa. Creo que podo dicir con certeza que os médicos cos que traballei foron os meus mestres. Eles déronme todas as ferramentas necesarias para chegar a este punto. O meu antecesor no cargo ensinoume boa nefroloxía pero tamén boa investigación. Era un orgullo traballar con el xa que un quere ser bo entre bos. Eu non aceptei o cargo de xefa de Departamento polo cargo mesmo senón polo contido. Ser a directora no departamento no que eu medrei, é algo especial. Non sei se o aceptaría se a proposta fora doutro hospital. Aquí, para min, é continuar o traballo dos meus antecesores.
P: E aquí vémolos na foto, co Rambam de fondo...
R: É verdade, eu chámoos “a dinastía de nefroloxía”.
P: Doutura Assady, asemella feliz co seu progreso...
R: Quero avanzar na miña investigación. Resultame moi importante. Quero progresar na xerarquía académica, ademais por certo, do progreso do Departamento mesmo que agora encabezo. Na investigación concéntrome máis que nada no tema de mecanismos moleculares na fisioloxía do ril. Estamos no comezo desta investigación. Agardo obter bos resultados.
P: Dáme a impresión de que a nefroloxía é menos “noticiable” que oncoloxía ou cardioloxía, que temas relacionados a nefroloxía é menos probable que ocupen titulares na prensa...
R: Eu creo que nefroloxía é considerado unha profesión moi difícil que non todos comprenden. Creo que debemos lembrar que a maior parte das grandes enfermidades poden influír sobre o ril. É un órgano clave que pode reflectir moitas outras enfermidades. O ril manten o equilibrio do corpo, en moitos niveis. É un ámbito moi amplo. Hai nefroloxía clínica, estudo da influenza da presión arterial e da diabete sobre o ril. Está todo o tema dos electrolitos no corpo, os sales, o equilibrio do corpo... o ril fai todo iso. Cando no departamento de medicina interna e en oncoloxía lidian con complicacións que inflúen sobre o ril, os nefrólogos entran en escea, como enviados dun supra departamento que axuda a todos.
P: Doutora Soheir, estouna entrevistando porque vostede chegou a este cargo especial, pero tamén porque é a primeira muller árabe-israelí musulmá que chega a esta posición. Ese é entón un logro extra?
R: En realidade nunca me considerei diferente dun home por ser muller, como nunha carreira para superar ao home. Sempre din o máximo de min mesma, ante todo, como ser humano. Claro está que o interese público dos medios é porque é a primeira vez que unha muller árabe-israelí chega en Israel a esta posición. E é un motivo de orgullo por certo. Estou segura que hai homes árabes que tamén tiveron logros así, tanto aquí como noutros hospitais, pero pode que ás veces a unha muller lle custe máis. Pero no meu caso persoal, a miña carreira non era porque pensaba que teño que superar aos homes ou porque como árabe tiña que mostrar algo máis. Fixeno como persoa, porque quería dar de min mesma e chegar ao que cría que podía facer.
P: De onde vén ese ímpetu?
R: Da miña casa, dunha familia na que bríndase moito, de servizo. O meu pai é xurista, foi avogado e logo xuíz, a miña nai traballou de mestra e creo que dela me vén o amor polo ensino aos estudantes. A educación vén da casa. Somos dúas irmás e un irmán...
P: A familia musulmá moderna, menos fillos...
R: Ese é o termo medio nas familias árabes en Israel. É que cando un quere ensinar e educar, non pode ter unha familia enorme. Aínda que en realidade, si recordo ao meu avó, de bendita memoria, el tiña catro fillos e cinco fillas, pero preocupouse de que os seus fillos estudaran. A miña tía, ou sexa unha das súas fillas, foi a primeira enfermeira israelí árabe. É algo que vén pois da outra xeración. É unha conciencia de servizo á sociedade, sen esperar a recompensa. Vén da casa, dos mestres que me aprenderon na escola, da universidade e logo aquí, do hospital. Cando o ambiente é enriquecedor, o resultado é bo. Pero hai que traballar para conseguir cousas, non tomar nada como sobreentendido. E creo que non hai que aproveitar o feito que un é membro dunha minoría, a árabe no meu caso, ou se unha é muller, para recibir facilidades. Non, non estou de acordo con iso. Sei que hai outras mulleres no hospital que me ven agora como modelo a imitar, pero eu sei que non teño nada especial senón que son fiel ao meu enfoque e ao meu traballo. Non hai outra receita máis alá do estudo constante, o traballo duro e a permanente esforzo de superación. E claro que hai que dedicarse moito aos pacientes. Ademais, non hai que gardarse segredos senón compartir cos colegas o que un sabe e aprende. Se todos compartimos os coñecementos, estaremos servindo aos nosos pacientes, e cumprindo así o sagrado xuramento hipocrático.
P: Vostede dime que o seu esforzo foi como persoa, como profesional decidida a facer o máximo para cumprir a súa meta. Pero era consciente de que quizais habería outra guerra de fondo, como muller, como árabe e como musulmá? É que nesta parte da sociedade, non parece claro de antemán que se chega a este punto...
R: Na miña familia si houbo exemplos de que se pode, e moito. Pero ademais, non me importaba a posición en si, senón a posibilidade, estando neste punto, de dar outra cousa. Son consciente de que ésto é un logro especial, porque son a primeira, pero eu, no persoal, nunca pensei neses termos. Cando no instituto estudaba física e matemáticas, non competía cos homes. Non entraba nas miñas consideracións o meu sexo ou a miña afiliación sectorial. Estou segura de que se unha muller é boa, poderá avanzar. Tamén unha muller xudía ten a súa guerra que librar. Na sociedade israelí hai mulleres que avanzan en moitos ámbitos, pero hai sectores nos que son menos. Hai aínda portas que abrir. Xa vin claramente en congresos internacionais, falando inclusive con médicas de Estados Unidos, que hai problemas universais. Non se trata dos árabes israelís ou algo así, senón de temas xerais nos que aínda se debe avanzar.
P: Dr. Soher, no medio dos conflitos que son o pan de cada día en Israel, unha das perlas é sen dúbida a situación nos hospitais, nos que se ve tanto entre os médicos coma entre os pacientes, a xudeus e árabes xuntos, coma se as tensións non existisen. Como víve vostede desde dentro?
R: Ante todo, cando un entra a un hospital, a situación é moi especial. En realidade, en todo o norte de Israel, a convivencia entre árabes e xudeus, é moi estreita. O punto máis singular, sen dúbida, é o traballo conxunto nos hospitais, xa que aquí adentro, non hai diferenzas por relixión, raza, fe, nada. Tratamos aos pacientes sen que importe de onde veñen ou que pensa. Claro que o mundo non é perfecto. Non podo construír un mundo perfecto pero é indubidable que se un quere salvar as diferenzas entre os pobos, sexa en Israel ou noutros sitios, iso debe facerse mediante o coñecemento directo entre a xente. Cando un se coñece, pódese alentar o achegamento e achar o que no une, que é máis que o que nos separa. O amor entre a xente logra máis que outras cousas. Se fago unha listaxe das miñas mellores amigas, sen dúbida que haberá alí o mesmo número de xudías que de árabes. Non é un soño. É a miña realidade cotían. Está aquí o Profesor Ori Better, de nome mundial. Baixo a súa dirección fíxose o primeiro transplante de ril en Israel. Ao seu lado está o Profesor Karl Skorecki, o director anterior, o meu mestre. A súa paciencia e o seu alento, infundíume amor á nefroloxía, á investigación, aos doentes e ao ensino aos estudantes. Lamentablemente pasou á Dirección do Rambam. Eu preferiría que permaneza en Nefroloxía. Tamén está aquí o meu colega o Dr.Ramadan, dirixindo o departamento durante tres anos, entre a partida de Skorecki e a miña entrada. Segue traballando aquí, como director da Unidade de Transplantes”.

Comentarios