Por Henrique Cymerman
La Vanguardia - 10.08.09
.A primeira cidade palestina da era moderna xa se está construíndo, de momento nos computadores do despacho de arquitectos de Bashar Masri. O próximo outubro, os bulldozers empezarán a edificar a nova cidade, Rawabi, que significa outeiros, situada a nove quilómetros ao noroeste de Ramallah. O auténtico bulldozer do proxecto, con todo, é Amir Dayani, de 38 anos, licenciado en administración de empresas en Londres e personificación do novo palestino: cosmopolita, eficiente, educado, culto, vestido con traxes de dous mil dólares e que soña cunha Palestina orgullosa de si mesma, aberta a Occidente e aos veciños -e antigos inimigos- israelís. "Cun capital de 800 millóns de dólares, provenientes de investidores de Palestina e de Qatar, na primeira fase construiremos 6.000 vivendas de gran calidade para unhas 40.000 persoas", afirma con brillo nos ollos. "Basta de lamentarse -engade contundente Dayani-. Eu fun profesor na Universidade de Bir Zeit e vin moita arrogancia entre os activistas da intifada que empezou no 2000. eles non entenden que o noso Estado se constrúe con iniciativas como Rawabi, creando miles de postos de traballo para a xente dos nove pobos palestinos veciños e levando aos israelís a colaborar connosco no noso soño". A primeira cidade planificada da historia palestina apunta a unha clase de parellas novas, universitarios, laicos e con ingresos medios ou altos. Pos iso construirán cafés, restaurantes, zonas peonís, ximnasios e, para os máis pequenos, numerosos colexios e gardarías. E engade con certa ironía, adiantándose á miña pregunta sobre as mesquitas: "Si..., tamén teremos tres mesquitas e... unha igrexa. Estamos agora no centro da cidade, o corazón de Rawabi, onde haberá un centro comercial, cinemas e teatros", asegura Dayani nun outeiro na que por agora só hai terra e pedras. O seu xefe, Bashar Masri, é tamén un home de negocios palestino que sempre creu na nova clase palestina de xovenes cunha percepción do mundo máis occidental. Até hoxe Rawabi era só un soño utópico. Agora, xustamente cando en Gaza o Goberno islamita de Hamas imita a Irán e na franxa impón o uso do veo ás mulleres, Masri, co apoio de Qatar, empéñase en construír unha cidade para yuppies no corazón de Cisxordania. "Esta cidade conducirá a Palestina ao século XXI", afirma Zakarías, un dos merto de 30 arquitectos e enxeñeiros que traballan no proxecto.
.
Por agora teñen un xefe técnico estadounidense, Ken Dei Angelo, que xa construíu cinco cidades en países como Indonesia. "é un enorme desafío, pero con xente tan capaz ao noso ao redor, se que imos ter Rawabi II, III e IV", asegura. A construción dun Estado palestino non parece inminente, pero toda Cisxordania vive un boom de construcións e infraestruturas. O Goberno de Israel pon en práctica a política do seu primeiro ministro, Beniamin Netanyahu, que cre profundamente na mellora da situación económica para pacificar a zona. Por iso, os planificadores de Rawabi acordaron xa con Israel o abastecemento de auga e electricidade. Queda sen resolver a construción de estradas de acceso á nova cidade. Para iso, o Goberno israelí ten que ordenar ao exército que abandone unha zona ocupada nos arredores da planificada cidade. Até hoxe, a construción dun centro urbano nunha situación de enfrontamento e de ocupación parecía unha fantasía delirante. Case todos en Ramallah dubidaban que fose posible levantar unha cidade palestina moderna nunha Cisxordania salpicada de decenas de asentamentos israelís (como o veciño Ateret), de postos de control militares e dun plan islamita "desde Gaza" para aumentar a súa presenza en Cisxordania. "Ese asentamento xudeu será evacuado no futuro: son só 400 persoas", asegura Dayani, que mira os teitos vermellos de Ateret, alén de Rawabi. Israel anulou nos últimos meses uns 30 postos de control militares que impedían o tráfico entre as cidades palestinas e estrangulaban a súa economía. Durante os primeiros anos da intifada, para poder trasladarse de Nablús a Ramala os palestinos máis podentes contrataban ambulancias. Pagábanlles 400 shekels (100 dólares, ou sexa, unha fortuna en termos locais) e finxían estar enfermos. Só así podían cruzar o posto de control. Agora pasan cos seus propios coches. Aínda que a zona continúa ocupada por Israel, practicamente non ven soldados israelís á luz do día e respírase unha atmosfera de tranquilidade sen precedentes. "Estou farta de vivir en guerra. E quero que os meus fillos crezan nun ambiente máis pacífico, con máis calidade de vida e cun aire limpo", explica Nana Asfur, economista e nai de dous fillos, que pensa adquirir un piso na futura cidade de Rawabi. O novo ambiente atrae a investidores occidentais e árabes, e en Ramallah, Belén, Yenín e Nablús están a aterrar novos bancos e compañías financeiras, mesmo de alta tecnoloxía. é unha revolución silenciosa e lenta, pero reversible. Unha imprevista explosión de violencia pode frear en seco a esperanza de moitos. Moitas guerras empezaron no verán, pero, este ano, no centro de Ramallah abríronse doce novos restaurantes e varios centros comerciais. En xaneiro do 2010 están previstas as eleccións lexislativas e presidenciais palestinas, nas que os islamitas de Hamas farán todo o posible para frear ideas como esta. Mentres tanto, Rawabi pretende dar traballo a dez mil palestinos cuxa misión será construír a cidade dos outeiros, convertela nunha realidade, no gran referente do futuro de Palestina.
Comentarios
jm