MINISTRO IRANIANO EN BUSCA E CAPTURA POLA INTERPOL


O novo ministro de Defensa da República islámica de Irán está en busca e captura pola Interpol a causa da súa participación no atentado terrorista contra a AMIA.
.
O goberno arxentino manifestou "a súa máis enérxica condena" ao nomeamento para o cargo de ministro de Defensa de Ahmad Vahidi, acusado pola Xustiza do país suramericano de ser un dos responsábeis do atentado cometido en 1994 contra a mutua xudía AMIA de Buenos Aires, que causou 85 mortos. A chancelería arxentina considerou nun comunicado que o nomeamento de Vahidi, cuxa captura pediuse a Interpol, supón "unha afronta á xustiza e ás vítimas" do ataque contra a Asociación Mutual Israelita Arxentina (AMIA), cometido o 18 de xullo de 1994. "O seu nomeamento para ocupar un cargo ministerial en Irán foi recibida con grave preocupación e merece a máis enérxica condena do Goberno do noso país", indicou a nota oficial. Remarcou que Vahidi é reclamado pola xustiza arxentina por ter "unha participación crave na toma de decisión e na planificación do atentado terrorista" que tivo lugar hai 15 anos e que "sobre el pesa unha orde de captura internacional" de Interpol. Por tal motivo, o Goberno arxentino instou a Irán cooperar de maneira plena coa xustiza" do país suramericano, "permitindo que as persoas que foron acusadas de participar do atentado contra a AMIA sexan xulgadas polos tribunais competentes".
.
O repudio do Goberno arxentino súmase ao rexeitamento expresado pola comunidade xudía de Arxentina. A Delegación de Asociacións Israelitas Arxentinas (DAIA) sostivo que a decisión do presidente iraniano, Mahmud Ahmadinejad, "quen nega sistematicamente o Holocausto xudeu e chama á destrución de Israel, constitúe un incalificable agravio ás vítimas da masacre, á comunidade xudía, a Arxentina e ao seu sistema xudicial". O presidente da AMIA, Guillermo Borger, considerou "vergoñenta e insultante" a designación de Vahidi, mentres que o fiscal da causa, Alberto Nisman, cualificouna de "sumamente grave". Ahmad Vahidi, quen era alto comandante da Forza Quds, pertencente á Garda Revolucionaria de Irán, estaba na dirección das operacións no exterior, incluíndo as actividades co grupo terrorista libanés Hezbollah, acusado de perpetrar os atentados. Alberto Nisman acusou a Vahidi de "ser partícipe crave no plan e na decisión de levar adiante o atentado contra a Asociación Mutua Israelita Arxentina". "Demostrouse que Vahidi participou e aprobou a decisión de atacar a AMIA durante un encontro en Irán o 14 de agosto de 1993", cando dirixía a Brigada Quds, dixo Nisman. O fiscal agregou que Vahidi nunca estivo en Arxentina. Nisman precisou que o nomeamento de Vahidi é significante, pero non sorprendente. O fiscal sinalou que Irán sempre protexeu aos terroristas, brindándolles altos posto no Goberno, pero nunca un tan destacado.
.
Perpetrado o 18 de xullo de 1994, o atentado da AMIA foi o segundo dos ataques contra obxectivos xudeus en Arxentina e sucedeu ao atentado que destruíu a embaixada de Israel en Buenos Aires, que ocorreu o 17 de marzo de 1992 e provocara a morte de 29 persoas. A causa que investiga o atentado contra a AMIA reactivouse a finais de maio, cando a Corte Suprema arxentina ordenou ao máximo tribunal penal do país profundar a investigación sobre a "conexión local" do ataque, que causou uns 300 feridos. A Xustiza arxentina atribúe a responsabilidade do atentado a Irán e ao grupo extremista Hezbollah e pediu a captura internacional de nove iranianos, entre eles Ahmad Vahidi e o ex presidente Alí Akbar Rafsanjani, e do colombiano Samuel Salman O Reda, acusado de ser parte da "conexión local". Interpol prometeu, en 2007, axudar á Arxentina a capturar a Vahidi e a outros catro altos funcionarios iranianos buscados en conexión co atentado. Entre eles a Mohsen Rezaei, ex comandante da Garda Revolucionaria quen competiu contra Ahmedinejad nas cuestionadas eleccións presidenciais pasadas de xuño. Os outros iranianos buscados son o ex xefe de intelixencia Ali Fallahian, o ex agregado cultural da embaixada iraniana en Buenos Aires Mohsen Rabbani, e o ex diplomático Ahmad Reza Asghari. Interpol tamén buscaba ao comandante de Hezbollah, o terrorista Imad Mughniyeh, que foi abatido nun atentado con coche bomba cando saía da embaixada iraniana en Damasco, Siria, en febreiro de 2008 nunha accion atribuida ao Mossad.
.
Pola súa banda o portavoz do Departamento de Estado dos Estados Unidos, Ian Kelly, manifestou que será "molesto" ver a unha persoa buscada por Interpol no gabinete do goberno iraniano. O presidente Barack Obama de momento non fixo ningunha declaración ao respecto por mor de ter que asistir a festa de cumpreanos dunha sobriña segunda en Chicago, así como pola coincidencia co mes do Ramadán no que o presidente Obama non quere que unha crítica ao nomeamento sexa interpretada como un ataque contra o islam.

Comentarios