ESTUDO DA UNIVERSIDADE DE HAIFA


Segundo un estudo da Universidade de Haifa, a empatía co "outro" reduce o acento ao falar a súa lingua.
.
A forza do acento cando se fala unha segunda lingua está vinculada á falta de empatía e identificación sociopolítica cos seus usuarios nativos, segundo un estudo da Universidade de Haifa. Os investigadores Rafiq Ibrahim e Mark Leikin, do Departamento de Trastornos da Aprendizaxe, e Zohar Eviatar, do Departamento de Psicoloxía, estudaron este fenómeno desde o enfoque socio-lingüístico, que estuda o acento coma unha especie de tarxeta de presentación do falante en presenza do grupo maioritario. "Israel é un perfecto laboratorio para estudar o tema das segundas linguas pola complexa composición da súa poboación, formada por emigrantes que aprenden hebreo a unha idade avanzada; unha minoría étnica árabe, algúns dos cales aprenden hebreo a unha idade moi nova e outros xa como adultos; e un grupo maioritario de falantes nativos de hebreo", explican os investigadores. No traballo os participantes foron dividiron (estudantes da universidade de Haifa procedentes de ámbitos socio-económicos idénticos) en tres grupos de vinte persoas: falantes nativos de hebreo, falantes de hebreo que aprenderon a lingua con 7 ou 8 anos e emigrantes rusos que o fixeron con polo menos 13 anos de idade. A voz de árabes e rusos foi gravada mentres lían un texto e describían unha imaxe en hebreo, antes de encher un cuestionario de 29 preguntas que medía o seu grao de empatía. Despois, os vinte falantes nativos de hebreo escoitaron as gravacións e ordenáronas pola "forza" do acento, de xeito que os investigadores puidesen cruzar as puntuacións sobre o acento e a empatía.
.
O resultado mostrou que rusos e árabes tiñan un acento case igual de marcado, pero no primeiro colectivo había un nexo directo entre a forza do acento e a falta de empatía que, con todo, non se daba entre os árabes. "Cremos que o patrón entre os falantes árabes mostra o seu sentimento cara o grupo maioritario de falantes de hebreo, e consideran o seu acento como algo que lles distingue da maioría", apuntan os autores do estudo, publicado no "International Journal of Bilingualism". Ese factor de identidade non se dá entre os emigrantes xudeus da antiga ex Unión Soviética, entre quen impera un sentimento nacionalista do que carecen os árabes, a pesar de que ambos colectivos comparten cidadanía israelí e -aínda que en distinta medida- sofren problemas de adaptación.

Comentarios