CANDO A MORTE PIDE A PAZ E NON A VINGANZA

O palestino Ali e a israelí Robi, unidos pola dor e a esperanza.
Por Sal Emergui
.
Por idade, Robi podería ser a nai de Ali. Por nacionalidade, poderían ser simples inimigos. Pola súa tráxica experiencia persoal, Robi e Ali deberían odiarse. Pois non. Todo o contrario. A israelí Robi Damelin (65) e o palestino Ali Abu Awwad (37) cooperan nunha empresa humana que rompe o círculo da violencia.
Xeneticamente non son familia pero séntense unidos pola mesma sangue derramado. Hai sete anos, un francotirador palestino matou a David, o fillo de Robi, mentres servía no Exército. Hai nove anos, un soldado israelí matou a Yousef, irmán de Ali. Coa autoridade que lles dá o sanguento prezo pago, Robi e Ali son dúas caras do dialogo. E do Círculo de Pais-Foro de Familias, creado para pór voz a israelís e palestinos no recordo das súas vítimas e a esixencia doutro camiño. A voz racional e firme no deserto da incomprensión. Levan a súa mensaxe de reconciliación por todo o mundo. Aquí e fóra. Desde Londres até Madrid. De Xerusalén a Ramallah, pasando por Xapón. Sen esquecer Asturias, onde estiveron recentemente.
.
O seu traballo explícase co seguinte e revelador dato: A Casa Árabe e a Casa Sefarad-Israel presentaron conxuntamente a candidatura desta ONG ao Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2009. Xa se reuniron varias veces co ministro español de Exteriores, Miguel Ángel Moratinos. "Sei que o asasino do meu fillo está no cárcere e que se se produce o troco do israelí secuestrado por Hamas, será posto en liberdade. Que sentido ten odiarlle? Vaime devolver ao meu David? Non. O asasinato do meu fillo fíxome entender o círculo da violencia e decatarme que o palestino que matou ao meu fillo e a outros nove israelís vira de neno como o Exército matara ao seu tío. El apostou polo camiño da vinganza", cóntanos.
.
Ali -que vive preto de Hebrón e para chegar a Israel necesita sempre permisos especiais- lembra o fatídico ano 2000. "Houbo unha discusión entre un soldado e o meu irmán. Yousef non se imaxinou que a pelexa acabaría co disparo do soldado. Non sei se quero saber ou non onde está agora ese soldado. Quizais si porque é importante que sexa faga xustiza do asasinato", conta Ali que nesa época estaba ferido e hospitalizado en Arabia Saudita polos disparos dun colono. Antes, estivo catro anos no cárcere israelí por participar na primeira Intifada. "Cando me dixeron que o meu irmán morrera, sentínme roto. Todo o odio e rabia eran un veleno que tiña no meu corpo. O Círculo de Pais extraeumo. Antes, os israelís eran para min o diaño", confesa Ali. "Coñecín a Robi no 2003 nunha comitiva ao Vaticano. A Radio do Vaticano quería entrevistarnos e Robi e eu renunciamos ver ao Papa para falar na emisora", lembra Ali mentres Robi -orixinaria de Sudáfrica e que volveu a Israel no ano 67- engade: "Foi a primeira vez que escoitei a súa historia e el a miña".
.
Os dous e o presentador da radio puxémonos a chorar. A narrativa persoal dos que formamos esta asociación é o que constrúe o feeling entre nós. A dor é o mesmo dor. Non hai diferenzas entre a dor dunha nai palestina e o dunha israelí". "Tras o asasinato do meu fillo, díxenme que non quero que ninguén mate a ninguén no seu nome. A quen debo matar para devolver a vida do meu fillo? Cando asistín ao Círculo ví por primeira vez a pais palestinos que compartían o mesmo dor", di emocionada Robi.
.
O Círculo foi fundado por Isaac Frankental, cuxo fillo de 19 anos morreu nun atentado do grupo islamita palestino Hamas. Hoxe son máis de 500 Quixotes palestinos e israelís. "Os dirixentes deciden a través dos sentimentos. Os israelís usan o medo para non tomar as decisións necesarias e os palestinos baséanse na frustración e o odio que provoca a ocupación. O medo israelí e enfado palestino dominan o cerebro", di Ali. "O Círculo é o exemplo de como se pode falar. Non ofrecemos a solución do conflito senón a vontade de solucionalo. O fin da ocupación israelí é primordial", engade. A pesar das súas traxedias, Ali e Robi suman forzas de face á paz.
.
Ali e Robi estiveron catro veces en España dando conferencias en colexios e institucións, organizadas pola asociación Infomedio. "Nunha das clases en Asturias, contemplei moitos adolescentes con Kefia e militantes da causa palestina. Estou completamente segura de que non saben onde está Israel no mapa nin as causas do conflito. Era importante que vexan e escoiten por primeira vez a un palestino e a un israelí. Que vexan que o dialogo é posible. Que apoien a reconciliación e non só a un bando". Atopámonos en Yafo -sur de Tel Aviv- nun encontro do Círculo que se despide de Roni Hirshenson. Un israelí que, tras perder dous fillos en actos terroristas durante a Intifada, decidiu dar un paso adiante. "En lugar de pedir vinganza e perpetuar o círculo de violencia, quería cambiar a situación", dinos emocionado tras as non menos emocionantes palabras do palestino Jaled, amigo e membro deste grupo humano. Desde a dor do conflito e a esperanza da súa solución, prometen seguir difundindo a súa mensaxe. "A paz só se consegue desde abaixo e non desde pomposas conferencias internacionais", coinciden Ali e Robi que comparten un mesmo drama e un mesmo soño.

Comentarios