Unha charla de Francesca Bolino con Emanuele Fiano, activo e histórico militante da esquerda italiana na procura do diálogo e dunha solución política para resolver o conflito de Medio Oriente.
Vostede é parlamentario do Partido Democrático italiano (PD) e fundador no 2005, da Esquerda por Israel. Cal foi a súa maduración intelectual, cultural e política?
Durante moito tempo ser sionista de esquerda foi a cousa máis coherente na historia de Israel. Israel foi fundado polos sionistas de esquerda e o movemento sionista socialista ao cal pertenzo era Hashomer Hatzair, nacido a comezos do século pasado, en Polonia. Na revolución de outubro de 1917 participaron moitísimos xudeus. Formouse alí unha variante da idea do socialismo para aplicar logo, a través da realización sionista, en Israel. Esta dimensión do sionismo socialista era unha dimensión absolutamente natural. En Italia o Hashomer Hatzair ten unha historia que nace logo da posguerra. Crecín logo nun movemento que educaba aos mozos xudeus a pensar que as súas posibilidades de realización concreta -posibilidade de elaborar o seu xudaísmo- fora en Israel, nun kibbutz. A idea era aquela de pensar en vivir unha vida diferente do que daquela se vivía en Milán, en Roma, desenvolvida segundo os ideais colectivos de igualdade e sobre todo en Israel.
Vostede provén dunha familia profundamente antifascista?
E a "cuestión xudía"? Que significa militar na esquerda e defender os dereitos de Israel?
"Esquerda por Israel" é unha asociación, da que hoxe son Secretario Nacional e da cal é presidente Furio Colombo, a cal refundamos a nivel nacional con Piero Fassino (actual Secretario Xeral do DS) no 2005, con numerosos militantes dos partidos de centroesquerda, pero tamén con importantes firmas, como a do actual presidente da República Giorgio Napolitano, de Walter Veltroni, Giuliano Amato, Umberto Eco, entre outros. A asociación naceu inmediatamente despois da Guerra dos Seis Días. Os fundadores orixinais viñeron da xeración precedente á miña. Tamén simpatizantes dos partidos históricos da esquerda italiana -socialistas e comunistas, socialdemócratas, republicanos que percibían, despois da Guerra do 67, a fractura que se produciu entre a esquerda italiana e o Estado de Israel. Isto debíase á aliñación dos países árabes coa Unión Soviética. Algúns xudeus que militaban nestes partidos querían que a esquerda italiana recuperase unha lectura correcta e equilibrada do problema do Medio Oriente, e en salvagarda dos dereitos nacionais de Israel. Hoxe tamén a política vai por Internet: temos unha lista que ten uns 1000 participantes. Estamos tamén en Facebook. Hoxe hai unha sede en Roma, unha en Milán e unha en Boloña. Debo dicir que hai moitos cambios sobre este tema na esquerda que hoxe está representada no PD.
Pola esquerda italiana, tamén inclúe a Piero Fassino?
Fassino forma parte daquela esquerda que erros coma este non os cometeu nunca. Fassino sempre prestou unha grande atención ao mundo xudeu, pola súa propia maduración cultural e por crecer nun ambiente como o de Turín, no que a participación dos xudeus na vida social da política da esquerda era moi grande: por exemplo os Ginzburg, Carlo Levi, Primo Levi, Amos Luzzatto e moitos outros. Para min o encontro con el foi moi importante.
Cales son os cambios no PD?
Paréceme que, con algunhas excepcións, no PD creceu unha sensibilidade equilibrada sobre estes temas. Por exemplo, o simposio organizado polo PD, "Non resignarse á guerra. Construír a Paz no medio Oriente", no que estaban presentes o Embaixador israelí Gideon Meir, e Sabri Ateyeh, representante da Autoridade Palestina en Italia e todos os líderes do PD. En suma, nos vinte anos que me ocupei destas cuestións non vira a todo o grupo dirixente do maior partido da esquerda discutir cunha programación longamente compartida do problema israelí-palestino. Deste encontro saíu unha visión xusta e equilibrada sobre o asunto da última Guerra en Gaza e sobre o caso en xeral da cuestión do conflito. é xusto dicir que o PD foi o único partido que nestes días dramáticos procurou verdadeiramente pór luz ás razóns destes dous pobos, pondo a dialogar aos representantes oficiais. Ao fin, para o PD o núcleo da cuestión existente entre estes dous pobos tradúcese en dous dereitos e non nun dereito e unha inxustiza: isto é dous Estados para dúas Nacións, para dous Pobos.
Israel e Palestina: dous dereitos, unha utopía?
Certamente estas cousas non poden solucionarse a curto prazo. No fondo, é verdade que o proxecto de Oslo interrompeuse. Pero algo ficou daquel proceso. En Cisxordania hai unha estrutura inicial de autonomía palestina e Israel mantén diálogo cos seus dirixentes. A liña que foi trazada en ocasión do convenio organizado polo PD é esta: a responsabilidade inicial da guerra de Gaza, é de Hamas e Israel tiña o dereito de reaccionar e defenderse. Os civís de Gaza teñen o dereito de non morrer. A solución militar non levará a Israel á seguridade real e o terrorismo non levará aos palestinos a ter un Estado. A única vía para a solución do conflito histórico é unha vía política. A vía das alternativas, dos cambios e do compromiso sobre a base de plans que en moitos anos foron elaborados. A cuestión do islam radicalizado de Hamas é algo novo. O texto da carta constitucional de Hamas, que circula en internet é un texto que asigna o Islam a Palestina e non aos palestinos. Un principio, por así dicir, teocrático, distante anos luz dos principios do mesmo Arafat, que inicialmente fundou un movemento de liberación palestino, en cuxa base había un razoamento político que dicía: "esta terra perténcenos por unha motivación político-racional e non certamente por unha motivación relixiosa". Arafat nunca a chamaría Guerra Santa como é denominada na carta fundacional de Hamas. Nunca Arafat ou Abu Mazen pensarían en aplicar a Shaaria no mundo palestino como faino Hamas na súa carta constitucional.
Que sucederá coa esquerda?
A esquerda non debe ter medo a dicir onde está o ben e onde está o mal respecto da novidade do Integrismo Islámico. Necesita axudar ao mundo árabe a liberarse del. O traballo de Esquerda por Israel debe ser axudar a comprender o Medio Oriente dentro desta nova e terrible dimensión.
Comentarios