ATOPEI A RESPOSTA


Por Madonna

Yediot Ahronot - 31.07.09

www.ynet.co.il

Existe un vello refrán que di: Cando o aprendiz está preparado, o mestre xorde. Eu viaxei ao redor do mundo incontábeis veces, actuei en estadios de fútbol, actuei no cine, xantei con líderes mundiais, alcancei o que é considerado comunmente un altísimo nivel de éxito. E no entanto, sentín que faltaba algo na miña vida. Eu estaba embarazado da miña filla hai case 14 anos cando de súpeto entendín que pasara a maior parte da miña vida coidando de min mesma, e en breve eu sería a responsábel da vida doutra persoa. Eu fun criada como católica e meu pai era moi relixioso mais ningunha das miñas preguntas foi xamais de feito respondidas cando se trataba de entender porque as persoas sufrían tanto ou cal era o sentido da vida. E de súpeto eu pensei, "Que aprenderei á miña filla sobre o que é realmente importante na vida?"

Estaba practicando ioga hai anos e estudando sánscrito. Lera moitos libros de Yogi Masters e Indian Avatars. Estudei o Budismo e os ensinamentos de Dalai Lama. Estudei o Taoismo e a Arte da Guerra. Lin sobre gnósticos e os primeiros cristiáns. Aprendín moito e estaba moi inspirada, mais aínda non conseguira ligar os puntos e descubrir unha maneira de pegar todos eses coñecementos e aplicalos no meu día a día. Estaba na procura dunha resposta. Un día fun a unha cea en Los Angeles. Unha muller que estaba sentada ao meu carón faloume sobre unha aula a que ela asistía e que era impartida por un Rabbi. Ela insistiume no profundamente inspirador que resultaba e que eu debería asistir. Pregunteille entón de que se trataba. Ela dixome "da vida". Eu pregunteille como era denominada esta ensinanza. Ela respondeu, "Kabbalah".

Díxolle entón que eu non era Xudía e ela respondeume, "Que importancia ten o nome e o tipo de fe relixiosa que ten se vostede consigue aprender e mellorar?" Ela estaba no certo. Fun eu entón á aula, senteime ao fondo e ouvín con atención a un home chamado Eitan imprtir a clase. Escoitei e a partir daquel momento eu souben que miña vida xamais sería a mesma. Comecei a frecuentar as aulas regularmente, sentaba co meu caderno e facía anotacións, moitas anotacións. Ninguén me perturbaba. Un día atopeime a soas con Eitan e fixenlle unha serie de preguntas. O que foi máis encoraxador foi o feito de poder ir alén diso. Todas as dúbidas que eu tiña sobre a vida comezaran a seren pouco a pouco esclarecidas e finalmente comprendín que encontrara unha "crenza" ou filosofía que incorporaba a Ciencia e a Espiritualidade.

Estaba aprendendo sobre a Física, sobre Astronomia, sobre Natureza e as leis de Causa e Efecto. Todas as pezas do meu quebra-cabeza comezaran a ser encaixadas. Despois a miña vida deixou de parecer ser só unha serie de 'eventos ao solpor'. Puiden entón enxergar os padróns da vida.

Acordei.


Pasei a ter máis consciencia das miñas palabras e das miñas accións e a ver os resultados prácticos delas. Tamén comecei a ver que ser rica e famosa non me traería a autorealización eterna e de que iso non era o fin da xornada. Era só o comezo.

Teño estudado consistentemente con Eitan desde a primeira clase e foi só unha cuestión de tempo até que coñecín a Michael Berg, cuxo pai Rav Berg, vén dunha longa liña de Rabinos e Cabalistas e quen fora o mestre de Eitan. Michael Berg é un ser humano único. Talvéz sexa a persoa máis sabia que eu coñecín ao longo da miña vida. No comezo parece moi tímido e tranquilo, consevador e talvez até un pouco inxenuo. Mais facédelle unha pregunta sobre calquera asunto e vostede sentirá como se estivese nadando nun océano de informacións. É incríbel as cousas que el sabe e o que el xa conquistou sendo aínda moi novo. O feito de ter traducido 22 volumes do Zohar, do Arameo para o Hebreo e para o Inglés é extraordinario.

Mais o que fai especial a Michael é que el é tan sabio e mestre ao falar sobre os ensinamentos de Ari como cando fala sobre seu episodio favorito de Seinfeld. Michael sabe máis sobre cultura Pop e sobre o que está acontecendo no mundo do que calquera que eu coñeza, e mesmo así é incomparábel o seu desexo de realmente cambiar o mundo e a infinita compaixón que sente polas persoas que sofren. Cando Michael se levanta para contar unha historia nunha sala chea de persoas é imposíbel conter as bágoas, nin mesmo as do propio Michael. Teño de verdade moita sorte de poder chamalo o meu amigo. Michael ten un fillo con síndrome de Down e talvez sexa este un dos motivos que o empuxan a rescatar outros nenos que estean en situacións desfavorábeis ou mesmo de miseria.

Michael e eu estabamos procurando por un novo proxecto para traballar con nenos con dificultades e unha muller de Malaui falounos sobre o número terrorífico de máis dun millón de nenos órfos pola SIDA nunha pequena comunidade localizada no corazón de África. Fomos entón a Malaui e alí naceu a nosa fundación "Raising Malawi".

Está claro que agora que eu sei o que sei, entendo que non sucedeu simplemente por casulalidade. Unha vez máis os aprendices estaban preparados e o mestre xurdiu. Neste caso os nenos do Malaui son os nosos mestres. Eles me aprenderon moito. E continúan a facelo.

*Artigo de Madonna que da comezo a unha colaboración súa que anúnciase regular co xornal israelí.

Comentarios