Por Afonso Vázquez-Monxardín
GALICIA-HOXE (21.07.09)
.
Imos partir da ousada idea de incluír a Israel na listaxe de países hispánicos, non pola raíz sefardita -cada días máis esvaída fóra dos estudos académicos- senón pola presenza absoluta de centos de miles de inmigrantes de Arxentina e Uruguai nestas terras do leste do Mediterráneo. É simpático ver ás veces xudeus relixiosos deses vestidos de negro con sombreiro -e unha especie de megagorro de visón redondo como unha empanada para os días de sabath- e falando con acento porteño. É certo que o barrio bonaerense do Once deixou de ser xudeu hai anos -agora ocúpano os coreanos e o propio Centro Galicia- cando se produciu a aliá, ou a emigración masiva a Israel. E todos estes inmigrantes -normalmente de orixe azkenazí, ou sexa xudeus orientais- están aquí como nesa casa ideolóxica que soñaron.

Simpática a súa influencia nalgúns negocios. Vexo un restaurante que se chama El Gaucho que na súa propaganda anuncia asados con carne khoser, ou sexa con carne relixiosamente correcta. Estes arxentinos e uruguaios fan que a lingua castelá sexan tan espallada que sexa difícil de encontrarse nun lugar onde un non se poida entender nela.
E algo que unifica absolutamente Israel coa vella Sefarad é a marcha. A marcha da trasnoita, a marcha da cervexa ou da copa a calquera hora da noite, e que un poida comer e escoitar unha actuación musical de jazz, por exemplo, na rúa Ben Yehuda. Ou marcha máis adolescente nas adxacentes. Claro, sempre falando dunha das sete partes en que podemos dividir a cidade.
¿Sete? Vexamos. Cidade occidental ou xudía, oriental ou árabe (aínda dentro da mesma xurisdición israelí) e cidade vella dividida á súa vez en barrio armenio, grego ortodoxo, xudeu, católico e árabe. Desde logo parece que esta é a última vella cidade mediterránea. As crónicas que podemos ler de Salónica, Alexandría, Bizancio e Xerusalem, realmente só se conserva nesta última.
A marcha de que falamos é a da parte europea, ou sexa xudía, da parte nova. O ambiente, as rúas acuguladas de xente, os desexos de vivir coa máxima normalidade, fan que pareza este un lugar moi pouco tenso e agradable. Se me pregunta alguén os catro lugares de máis marcha relativa que vin na miña vida, diría hoxe Baiona, Sanxenxo, Ourense e Xerusalem. E podiamos incluír a case todas as cidades de España. Que sexa por moitos anos
Comentarios