.
Imos ver se nos aclaramos, porque os xornalistas, opinadores e todólogos europeos e españois andamos un pouco despistados con Gilad Shalit. E é que nos nosos intentos de presentalo como unha parte da "criminal máquina militar israelí" véxellenos a patita como ao lobo nos contos infantís ou, como dirían os arxentinos, vivimos na impostura. E así Shalit, un raparigo estudioso, e con cara de selo, que terminou a educación secundaria e foi enviado ao Exército (en España os menores de 40 non saben o que é iso) é presentado sistematicamente como un militar, un Rambo que pasase por West Point ou Sandhurst. Ou ambas academias militares. Ate aí imos ben. Que malos son os israelís. E os de uniforme máis. O problema vén cando contamos que foi "capturado" por Hamás. Porque claro, se dicimos que foi "secuestrado" a nosa audiencia pode simpatizar coa vítima (aínda que non se crean, se a vítima é xudía aquí poucos simpatizan). E ademais negamos lexitimidade á acción. Pero como carallo vai ter sido capturado? Non quedaramos en que os de Hamás son civís que morren vilmente asasinados a tiros cando intentan entrar en Israel? Entón os civís non capturan, secuestran.
.
Ou é que os de Hamás van armados e non son civís? En que quedamos? Os de Hamás resólveno chamándolles "mártires". Un pouco de paciencia ao paso que imos, a isto chegaremos. E logo está o lugar de onde levaron a Shalit. Moitos xornalistas e analistas españois néganse a dicir/escribir que foi en territorio israelí. Como imos presentar a Shalit como un invasor se precisamente el estaba no seu país? Iso si, dicimos sempre "preto de Gaza", porque hai que meter a palabra Gaza como sexa.
.
E a guinda do pastel vén cando explicamos as negociacións para a liberación do israelí e pomos no mesmo plano o seu secuestro con "os centos" de prisioneiros de Hamás en cárceres israelís. Home, creo eu que Gilad Shalit nin foi detido nin posto a disposición xudicial. E que mentres eses centos de prisioneiros Hamás poden estar tranquilos porque ninguén vailles pegar un tiro un día calquera "o cabo Shalit" non pode estar tan seguro. En resumo un novo soldado non profesional é secuestrado no seu propio país por unha banda de criminais, autores confesos de decenas de atentados, e cuxo obxectivo último, segundo eles mesmos din, é botar a un pobo enteiro ao mar e instaurar un réxime totalitario, e aquí aínda andamos facendo exercicios dialécticos non vaia ser que digamos algo positivo dun xudeu. Señor, Señor, como está o xornalismo (español).
Comentarios