Por Harry´s Place
.Respecto da situación en Sri Lanka, o Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas (UN HRC) puxo en evidencia cal é a actitude de moitos dos países da ONU respecto dos dereitos humanos. Basicamente, parece que os crimes de guerra só son un problema se son causados por Occidente, especialmente por parte de Israel. O último absurdo da Comisión de Dereitos Humanos da ONU: "Sri Lanka reivindica a súa vitoria propagandística despois de que durante a última noite, o Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas aprobara unha resolución eloxiando a súa vitoria ante os Tigres Tamiles e condenando aos rebeldes polo uso de civís como escudos humanos. China, India, Exipto e Cuba atópanse entre os 29 países en vías de desenvolvemento que apoiaron a proposta de Sri Lanka dun proxecto de resolución que describía ao conflito como un "asunto interno que non xustifica as inxerencias externas".
.A resolución tamén apoia a insistencia do goberno de Colombo sobre a súa previa autorización para o acceso de grupos de axuda para os 270.000 civís detidos en campamentos, e só "segundo proceda". Diplomáticos occidentais e funcionarios dos dereitos humanos mostráronse sorprendidos polo resultado final dos dous días de agres sesións extraordinarias que examinaron a situación humanitaria e os dereitos humanos en Sri Lanka tras a guerra desatada pola última ofensiva militar que aniquilou a forza dos Tigres Tamiles. "A votación foi moi decepcionante e supón un punto moi baixo para o Consello de Dereitos Humanos. Abandónase a centos de miles de persoas en Sri Lanka sob cínicas consideracións políticas", manifestou Amnistía Internacional". Diplomáticos e funcionarios din estar sorprendidos, pero estaban moi equivocados se agardaban algo máis. Como tantos brillantes diplomáticos poden equivocarse de tal xeito? Incrible.
Agora, o NYTimes publica tamén un artigo afirmando que perto de 20.000 civís foron asasinados as forzas do Goberno. Aínda que non parece probábel que se poida verificar a realidade sobre ese asunto a medio prazo. Por suposto, cando Israel foi acusado de crimes de guerra nunha escala moito menor, tratábase dun asunto moi diferente: "o Comité de Dereitos Humanos foi a por todas e pediu unha investigación completa". Pode alguén sensato explicarnos e darnos as razóns do que está a pasar aquí, ou teremos que concluír e soportar o feito de que moitos países son totalmente cínicos respecto dos dereitos humanos e as Nacións Unidas están en serio perigo de perder todo tipo de autoridade moral?
Anexo (Reuters): O Secretario Xeral de Nacións Unidas, Ban Ki-moon, negou o luns os informes xornalísticos que apuntan a que as Nacións Unidas ocultaron o alto número de mortos civís durante a sanguenta fase final da guerra de Sri Lanka contra os rebeldes Tigres Tamiles. A semana pasada, o diario francés Le Monde informou de que un "non oficial e non verificado" reconto de mortos civís por parte das Nacións Unidas, efectuado durante os últimos meses do asedio do goberno de Sri Lanka contra os Tigres Tamiles de Eelam (LTTE), superaba a cifra de 20.000 vítimas. O xornal británico The Times apoiaba máis tarde esa mesma cifra, e escribía no seu editorial que "a ONU non tiña dereito a ocultar as terribles probas da represión" do goberno e que se produciu unha masacre de civís no nordés de Sri Lanka. Ban Ki-moon rexeitou con vehemencia a idea de que o organismo mundial tivese participado nun encubrimento. "Rexeito categoricamente calquera suxestión de que as Nacións Unidas rebaixaran as cifras intenciodamente", afirmou nun discurso ante a Asemblea Xeral. "Quero sinalar que calquera que sexa o número total de vítimas, as baixas nese conflito son excesivas". A semana pasada, o xefe de asuntos humanitarios de Nacións Unidas, John Holmes, desestimou a cifra de 20.000 mortos alegando que se baseaba en hipóteses dubidosas e que en última instancia o número de mortos nunca se coñecerá. "Esa cifra non ten ningún valor na medida en que nós estamos concernidos", sinalou Holmes a Reuters. "Pode ser certa, pode ser errónea, pode ser demasiado alta, mesmo pode ser demasiado baixa. Pero, honestamente, non o sei. Sempre dixemos que unha investigación sería unha boa idea". Até agora as Nacións Unidas non teñen ningún tipo de plans para unha investigación sobre a guerra de Sri Lanka. O mes pasado, o Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas decidiu que "non existía ningunha proba de posibles crimes de guerra cometidos durante os longos meses de asedio contra os Tigres Tamiles".
Comentarios