Por Joan B. Culla i Clara
.
Girona, 28 de febreiro de 2009. Un fato de individuos que actúan na Plataforma Aturem la Guerra, levan a cabo unha manifestación demandando o boicot ao Estado de Israel, por mor da entón recente campaña militar en Gaza. A protesta, pero, non ten lugar diante de ningunha representación consular, comercial ou turística do país que pretenden reprobar, senón diante da Libraría Sefarad, un comercio particular no corazón do Barrio Vello xerundense que vende libros e outros obxectos relacionados coa historia e a tradición xudías. Nas octavillas que os manifestantes reparten para xustificar a súa acción "denuncian" que o mencionado comercio ten libros "que son propaganda sionista" e din, taxantemente, que "fai falta clarificar a ofrerta cultural da Libraría Sefarad". Discípulos talvez inconscientes do doutor Joseph Goebbels, os mozos activistas (que non traen camisas negras, senón kúfies palestinas) considéranse, pois, con autoridade ideolóxica e moral por decidir que libros son de historia e que de propaganda, cales son bos e cales son malos. E propoñen de forma aberta censurar, expurgar (queimar na rúa aínda non...) os produtos culturais que, dentro da máis estrita legalidade democrática, ofrece un establecemento privado, co fin de eliminar aquelo que contradiga a súa dogmática verdade. É exactamente aquilo que facían os nazis na Alemaña dos anos 30, antes de empezar a facer cousas peores.
.
Madrid, campus de Somosaguas da Universidade Complutense, 30 de abril de 2009. Profesores da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía organizan unha mesa redonda sobre "Racismo e antisemitismo en España". Os relatores que acoden son recibidos por un importante grupo de estudantes con mostras de exacervada hostilidade e berros de "Xudeus fóra!" ou "Estamos fartos dos xudeus!". Un panfleto que os manifestantes distribúen e pegan polas paredes descualifica ao presidente da Federación de Comunidades Xudías de España por "adicto á usura" e presidente "de varias empresas" (sic), e denuncian "ao lobby hebreo, auténtica elite financeira especializada na manipulación e o vitimismo". Paga a pena de subliñar que quen enarbola estas actitudes e palabras xenuinamente antisemites, idénticas ás das escuadras nazis en vixilias da presa do poder, autodenomínanse antifascistas e considéranse adscritos a esquerda revolucionaria.
.
Desde logo que os dous episodios apuntados mereceron a condena dos colectivos directamente concernidos. En Girona, semanas despois dos feitos, publicouse un enérxico artigo-manifesto "en defensa da cultura e contra o novo antisemitismo" que subscribían todos os libreiros da cidade e algunhas outras persoas. En Madrid, profesores da Complutense asinaron un texto de rexeitamento das accións e expresións de cariz antisemita, e en defensa do debate libre. Á fin e ao cabo quedou todo aparentemente circunscrito ao ámbito local, coma se se tratase de dúas anécdotas desagradables. Cando, na miña opinión, son dúas puntas dun iceberg. O tema é delicado e, xa que logo, quero ser coidadoso e preciso a hora de describir, ao mesmo tempo que quero facelo sen eufemismos nin medias tintas. Desde hai un certo tempo son perceptibles, en movementos, plataformas e mobilizacións por outra banda ben lexítimas, contra a guerra, a favor do pobo palestino, contra o plan Bolonia, etcétera, actitudes e condutas abertamente totalitarias, aínda que disfrazadas cun envoltorio, cunha retórica de esquerda antisistema. Ás universidades catalás, durante este curso que agora finaliza, tivemos exemplos abundantes: ocupacións de facultades e folgas estudantís impostas de maneira coactiva por piquetes que non representaban nin ao 1% do alumnado afectado; votacións asemblearias manipuladas de maneira flagrante; pasquíns anónimos cheos de insultos e calumnias contra profesores ou estudantes que cometeran o crime de defender ideas diferentes; brotes de violencia...
.
Os casos que recollín ao comezo deste artigo resultan a forza impactantes porque, coa escusa de criticar ou denunciar ao Estado de Israel, caen na xudeofobia explícita, no antisemitismo de manual. Pero o problema é moito máis extenso: os ataques contra o pensamento libre, a criminalización do disidente, o rexeitamento da libertado de expresión se esta non se pon ao servizo da dogma progre ou esquerdoso de turno, a tendencia a organizar actos de repudio no estilo dos que escenifican na Cuba castrista contra os disidentes, todas estas cousas empezaron a adquirir entre nós carta de natureza, a ser aceptadas, desculpadas ou minimizadas por sectores considerables da opinión publica. E isto debería de inquietar a calquera demócrata consecuente. Non, non se trata de facer alarmismo ao redor do ovo da serpe. Simplemente convén subliñar, á luz da historia, que as épocas de crise económica e social engordan tanto os reflexos e os discursos totalitarios como o seu poder de sedución. E que a Europa dos anos 1930 e 1940 viu como podía ser, de fluída, a fronteira entre totalitarios de esquerdas e totalitarios de dereitas.
.
Sería recomendábel lembrar a Jacques Doriot, un obreiro xenuíno, alto dirixente do comunismo francés, deputado e alcalde vermello de Saint-Denis..., que en 1936 fundou o fascista Parti Populaire Français, catro anos despois abrazou fervorosamente a colaboración cos nazis, e acabou convertido nun dos máis fanáticos esbirros estranxeiros de Hitler.
Comentarios