"É LÉXITIMO QUE O PAPA APOIE UN ESTADO PALESTINO. ISRAEL TAMÉN"


Entrevista de Sal Emergui, correspondente en Jerusalem de EL MUNDO, co Presidente do Estado de Israel, Shimon Peres
O israelí que pasa estes días máis minutos co Papa (á marxe dos gardacostas), o presidente Shimón Peres, cualifica a súa visita de "histórica". "Como xudeu, creo sinceramente que o Papa está a facer todo o posíbel para reducir e eliminar a hostilidade que existía entre as nosas relixións", comenta Peres nun encontro na súa residencia oficial con catro medios estranxeiros, entre eles elmundo.es. Rexeita as duras críticas que moitos ministros, deputados e xornalistas israelís verteron contra Benedito XVI pola súa "frialdade no Museo do Holocausto onde non citou nin unha soa vez aos verdugos nazis".
Pregunta.- é unha visita histórica pero tamén moi polémica...
Resposta.- O problema é que a súa visita vai máis destinada aos libros de Historia que ás páxinas dos diarios. Non foi unha visita máis, xa que afrontou os problemas máis profundos dos nosos tempos. Desde o punto de vista israelí, o Papa foi clarísimo na súa condena do antisemitismo, que rexorde en todo o mundo. Mesmo foi máis aló afirmando que o vínculo entre o pobo xudeu e os cristiáns ten valor histórico e un gran significado. Unha declaración así cando aínda hai antisemitismo, é importantísima. Estamos na mellor época das relacións entre o xudaísmo e o cristianismo.
P.- Mañá vaise o Papa Pódense tirar conclusións?
R.- Eu xulgaría esta visita desde unha visión histórica. Non me impresionan os accidentes ou incidentes ocorridos, que non é o máis importante. A Historia xulgará a súa visita. O maior problema desde un punto de vista intelectual é a confusión sobre o propio Deus. Hai quen tenta convertelo no xefe do terrorismo. Case todos os terroristas falan "en nome de Deus". Temos dous deuses. Un aterroriza e o outro está en favor da paz, amizade e amor.
P.- Cal é o papel do Papa?
R.- Necesítase un gran líder espiritual. O Papa é o líder natural. é un home de pensamento profundo e en moitos dos seus discursos aquí referiuse a estes problemas de fondo.
P.- As críticas centráronse na cerimonia de Yad Vashem, onde quizais o Papa pecou de 'frío'. Comparte esta sensación?
R.- Esas cousas non son as importantes. A cerimonia aquí, na residencia presidencial, foi sumamente digna, sen ningún tipo de problemas.
P.- Nese discurso, o Papa tamén falou da necesidade de que "cada pobo teña a súa casa na súa patria". O seu apoio á creación dun Estado palestino é rotundo.
R.- é unha visión lexítima. Os gobernos de Israel, incluído o actual, aceptaron esa fórmula. Os propios israelís aceptárona. E o Goberno actual afirma que respectará os compromisos pasados. A posición do Papa respecto diso é coñecida. é tamén a postura do presidente de EEUU. Non creo que se poida pensar que é unha declaración dirixida contra alguén.
P.- Perdoe pero o seu primeiro ministro, Benjamin Netanyahu, négase a apoiar publicamente a solución de dous estados...
R.- Tampouco dixo que a rexeite, senón que necesita tempo para elaborar a política do Goberno. Creo que iso é absolutamente normal. Non hai motivos para que alguén se moleste.
P.- Quen parece molestarse é a UE e membros da Administración Obama, que criticaron a Netanyahu e ao ministro de Exteriores, Avigdor Lieberman.
R.- Non coñezo ningún Goberno no mundo que faga o que anunciou antes das eleccións. Un fai coalición entre partidos, non coa realidade. Beguin dixo que non renunciaría ao Sinaí pero ao final asinou a paz con Exipto e retirouse de alí. Os líderes políticos non poden dar as costas á historia. Deben dicir a favor de que están, pero non poden determinar cal será a realidade.

Comentarios