Por Yoan Sivan
Haaretz - 03,04.09
Imaxinen que o Primeiro Ministro español, José Luis Rodríguez Zapatero, recorre para o seu coñecemento dos asuntos do Oriente Medio a El País, o xornal buque insignia do seu país. Durante a súa visita a Israel en xaneiro, podería terse aturdido cando chegou á capital para celebrar unha reunión [con outros dirixentes europeos e sobre o tema Gaza]. Que estamos facendo en Xerusalén, podería terse preguntado? De feito, El País refírese constantemente a Tel Aviv como a capital de Israel. Mentres que a Knesset e outras institucións nacionais asentanse en Xerusalén, neste xornal insístese nas súas noticias, informes ou reportaxes que "Tel Aviv decidiu" ou "Tel Aviv rexeitou". Para que non haxa dúbidas sobre a parcialidade neste caso, no sumario que aparece ao lado de calquera historia de Israel, na web de El País, dise claramente: "Capital: Tel Aviv". Este e o tema menos importante.
Consideren agora unha recente caricatura publicada co obxecto da campaña de Gaza, e que representa a unha persoa dicindo: "Palestina pertence aos palestinos, non aos israelís. Os mitos hebreos son falsos, e o abuso dos febles é repugnante". Ao que outra figura, un xudeu claramente polo debuxo de seu nariz [herdanza sen dúbida das caricaturas da prensa antisemita], respóndelle: "Somos o pobo escollido por Deus, ao que nós mesmos inventamos". El País está repleto regularmente de referencias e comparacións de Israel cos nazis. Cando estouparon os disturbios entre xudeus e árabes en Accre, o ano pasado, un artigo titulaba: "Accre: un intento de pogrom", e describía "unha segregación que evocaba ao nazismo". O artigo, de Juan Miguel Muñoz, o correspondente en Israel, enmarcábase como un conto onde en Acre as xudeus desempeñaban o papel dos nazis, mentres que os árabes se convertían en xudeus. Un editorial publicado en decembro de 2008 dicía: "Cada ano lembramos o horror do Holocausto xudeu cometido polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial, pero non facemos nada contra o xenocidio que Israel está cometendo contra o pobo palestino".
As accións de Israel non deben quedar exentas dunha supervisión internacional, pero dada a ampla gama de actos ilícitos dos que a humanidade é capaz, por que o vocabulario utilizado por este xornal español para describilos é tan extraordinariamente limitado? E por qué se emprega só con esta nación? Incluso nas pequenas historias sen relación co conflito, El País presenta unha combinación única de neglixencia e de odio sen ningún tipo de arrepentimento contra Israel. Tomen a decisión de febreiro 2008 do fiscal xeral de Israel de conceder unha adopción máis ampla de dereitos a parellas do mesmo sexo. Poucas historias provenientes de Israel son máis propicias á neutralidade - e en certa forma favorable - en España, un líder no que respecta aos dereitos das homosexuais. Sen embargo, El País converteu o fallo nun logro por parte dunha comunidade que "sofre unha discriminación flagrante" nun estado dominado polos relixiosos. O exemplo que se proporciona desa discriminación é un informe inexacto sobre o desfile anual da Gay Parade en Xerusalén, xeralmente visto como un triunfo por parte da comunidade LGBT de Israel [LGBT: Lesbianas, Gays, Bisexuais e Transexuais].
Entre outros exemplos, outra mostra é a suposta invasión opresiva por parte das autoridades relixiosas sobre os dereitos individuais polo mero feito de que nos hospitais israelís se separan en diferentes cubertos os alimentos lácteos da carne, por mor das leis do kashrut [xantar Kosher]. Para El País resulta de moi pouco interese que a comunidade LGBT de Israel goze dunha aceptación cada vez maior. De feito, non todo é perfecto. Como antigo membro do Consello da Xerusalén Open House que organiza a Gay Parade, sei das dificultades atopadas pola comunidade. Sen embargo, a situación en Israel é moito máis próxima á de España que en Arabia Saudí. Para ser xustos, El País non está só. Consideren agora a opinión de Antonio Gala, un gran poeta e novelista, aparecida en febreiro no xornal El Mundo, o segundo xornal máis importante en España en termos de circulación. Cun antisemitismo sen disfrace, Gala xustifica as dificultades ás foron sometidos os xudeus ao longo da historia. "Así como todas esas cousas que ocorreron noutras ocasións -pogroms, guettos voluntarios ou involuntarios, exterminios, persecucións, expulsións", Gala opina: "non deberían eles, os xudeus, preguntarse por que lles sucede sempre da mesma forma? Ou é que é o resto do mundo quen se equivoca?".
Recentemente, o sitio web español -de esquerda- El Plural, realizou unha análise política que ofrecía unha comparación de Israel coa Alemaña nazi. O seu título deixa pouca marxe ao erro: "O espírito de exterminio dos palestinos non é diferente ao que foi concibido pola Alemaña nazi". A recente visita do Primeiro Ministro Rodríguez Zapatero a Xerusalén, demostra que España está disposta a desempeñar un papel máis importante na rexión, especialmente despois da mudanza de goberno en Washington. Sen embargo, o compromiso español pode non ser benvido en Israel á luz da enquisa de primavera do Pew Global Attitude Project de Washington, segundo a cal o 56% dos españois ten unha visión desfavorábel dos xudeus -a proporción máis alta en Europa -, debido sobre todo a unha superficial concepción de Israel perpetuada e agravada polo principal xornal de España, e polo uso xeral nos medios de comunicación españois de imaxes antisemitas.
Se se quere criticar de maneira eficaz é fundamental traballar cos feitos correctos. E se queres ser tomado en serio, tes que demostrar a túa boa fe. Sen embargo, o velenoso desprezo pola verdade que se práctica en España no que fai á crítica de Israel, caracterízaa como banal e allea ás cuestións importantes. Esta simplista narrativa anti-Israel non representa unha nobre loita polos dereitos humanos, senón máis ben unha contaminación do xornalismo e da gran democracia á que se supón debe servir un diario.
Comentarios