Vía http://barcepundit.blogspot.com/
Una organización que non se distingue precisamente polo seu apoio a Israel, Human Rights Watch, ven de denunciar as múltiples violacións dos dereitos humanos que Hamas veu practicando en Gaza e que se recrudeceron coa "escusa" da operación militar israelí na Franxa. Até 32 palestinos poderían ser asasinados o inicio da operación militar israelí en Gaza, o 27 de decembro do 2008 até o pasado 31 de marzo. Esta é a principal conclusión dun informe lanzado pola organización Human Rights Now. Non só iso, a violencia dos terroristas de Hamas contra os seus rivais políticos e aqueles dos que se sospeita que colaboraran con Israel tivo máis formas sinistras: ducias de persoas serían secuestradas e torturadas, a outros se lles disparou nas pernas ("unha práctica moi estendida" segundo HRW) e, ademais, a inmensa maioría destes crimes quedou impune. O informe, titulado "Baixo o pretexto da guerra", recolle de forma detallada as cifras da represión de Hamas en Gaza: ás 32 persoas asasinadas habería que engadir as 49 que recibirían disparos nas pernas e outras 73 que foron secuestradas e golpeadas, moitas delas chegando a sufrir roturas en brazos e pernas. Dáse mesmo o peculiar caso dun palestino do que se sospeitaba que podería estar a colaborar con Israel e que foi asasinado polos seus propios familiares "para recuperar a honra do familiar". Por desgraza, todo este tipo de accións non son nada novo en Gaza, a práctica de tirotear as pernas de inimigos políticos, por exemplo, iniciouse en xuño do 2007 cando a banda terrorista Hamas desprazou violentamente a Al Fatah de todas as estruturas de poder en Gaza.
Impunidade absoluta
A pesar de que todos estes comportamentos están prohibidos polas propias leis da Autoridade Nacional Palestina, até agora nin os oficiais da seguridade de Hamas nin os enmascarados sen identificar que en ocasións perpetran estas atrocidades tiveron que enfrontarse a xustiza por eles. A pesar diso algúns portavoces dos terroristas de Hamas, como Ghazi Hamad, declararon en diversas ocasións que se trata de "algúns erros cometidos por membros de Hamas" pero que "non é unha política adoptada polos seus líderes". Para HRW a cuestión non é tan sinxela e, aínda que no informe se afírma que "é difícil determinar que os abusos documentados son o resultado dunha decisión política dos líderes de Hamas", tamén se di que "a frecuencia e a cantidade de casos documentados fan pensar que si é así". "En calquera caso -remarca o informe- as forzas de seguridade de Hamas non están a facer o suficiente para previr ou castigar estes abusos".
Máis información aqui: Descargue o informe completo de HRW (pdf)
Comentarios