AHMADINEJAD EN RESPOSTA A OBAMA


Ahmadinejad en resposta a Obama: "Calquera man que se estenda para atacarnos será cortada".
Nun discurso o 1 de abril na rexión de Khuzestan ao sur de Irán, o Presidente iraniano Mahmoud Ahmadinejad respondeu a mensaxe de vídeo do Presidente norteamericano Barack Obama en ocasión á celebración do Ano Novo iraniano. A continuación podes ler extractos do discurso de Ahmadinejad:
Ahmadinejad a Occidente: Coiden polos seus modais "Co fin de tomar o control dos pobos do mundo, os arrogantes, aqueles que falan a través da violencia, a xente máis corrupta na historia, están a apuntar primeiro e por encima de todo a honra dos pobos do mundo, xa que un home que perde a súa honra está listo para cargar con calquera sufrimento e é pisado e facilmente eliminado. é imposible para os arrogantes superar unha sociedade e unha poboación que degustou o sabor da honra" . "Hai sete anos, seguindo á firme postura da nación iraniana sobre o tema nuclear, os inimigos tomaron posicións en ambos lados das fronteiras de Irán, ao leste e ao oeste, e anunciaron que a razón do seu alarde de forza militar tiña como obxectivo conter á nación iraniana na rexión do Medio Oriente. Varias veces fixeron coma se estivesen a piques de atacar a Irán, con preparacións militares e ameazas contra a nación iraniana. Con todo, pola graza de Deus e grazas á constancia da nación iraniana e grazas aos valores dos mártires, foron derrotados"
.
Ahmadinejad logo dirixiuse aos poderes mundiais, dicindo: "Aconsellámoslles que corrixan a súa conduta, xa que o mundo está a cambiar. Deteñan o egoismo, a agresión e a falta de modais. Fálenlle ás nacións do mundo dunha maneira correcta e educada" . "Irán é coñecida no mundo como unha nación que non pode ser derrotada" . "Grazas á constancia da nación iraniana, que está de lado do querido líder Khamenei, esta nación continúa no seu camiño glorioso e é coñecida polo mundo como unha nación que non pode ser derrotada. Hoxe, grazas aos grandes logros, a ameaza cara a Irán foi disipada, e ningún poder no mundo sostén a noción de tomar accións contra a nación iraniana. Mesmo se alguén fora a considerar esta noción e quixera emprender calquera acto de agresión contra a nación, debería saber que a nación iraniana está lista, e calquera man estendida co propósito de atacar será cortada" . "A nación iraniana é unha nación de civilización, cultura e valores. é amante da paz, e a súa xente é xente de razón e diálogo, xustiza e irmandade. ela desexa que esta atmosfera debería existir ao longo e ancho do mundo. eles [Occidente] din que o mundo non pode ser gobernado a través do terrorismo ou o militarismo. Nós dicimos o mesmo; de feito, este é o desexo máis profundo da nación iraniana. Con todo, a pregunta aquí é: por que están eles facendo alardes de forza a miles de quilómetros das súas fronteiras e atacando a outras nacións? Deteñan os seus alardes de forza e agresión, e observen ao mundo en paz e tranquilidade?" [1]
[1] IRNA, 1 de abril, 2009. Para ver a resposta do Líder Supremo de Irán Ali Khamenei á mensaxe de Obama pola celebración do Novo Ano iraní, ler "Despacho Especial No. 2297 de MEMRI, "Discurso do Líder Supremo de Irán Ayatolá Khamenei e Reaccións a Mensaxe do Presidente Obama", 25 de marzo del 2009, http://www.memri.org/bin/espanol/articulos.cgi?Page=archives&Area=sd&ID=SP229709.

Comentarios