A OLLADA DOS NENOS

Terezín foi o campo de concentración instalado polos nazis perto de Praga. A chamada “Sala de espera do inferno” foi parada sen fonda de 150.000 xudeus e de máis de 15.000 nenos e mozos con destino Auschwitz. Unha muller, Friedl Dicker Brandeis dedicou o seu internado a aprender clandestinamente arte e pintura coma terapia evasiva a moitos rapaces. Antes de marchar ao patíbulo, Friedl rescatou 4.500 dos debuxos que máis tarde serviron coma proba en Nuremberg e que son testemuño indeleble daquela barbarie.
Yehuda Bacon con 16 anos ao saír de Terezin debuxou este retrato do seu pai recentemente gaseado e cremado en Auschwitz. A faciana do seu pai emerxe demacrada sobre unha cortina de fume. Sen palabras.

Helga Weisssova. Debuxo realizado ao sairen de Terezin. Os ollos...

Helga Weissova. 13 Anos. Debuxo titulado "Chegada a Terezín". Helga ingresou no campo con tan só 12 anos. Levou consigo a súa caixa de pinturas e o seu caderno para realizar máis de 100 debuxos facendo o que o seu pai lle dixo: "Pinta o que vexas". Aquí acabou a infancia de Helga. Coa responsabilidade de contar todo o que vía e experimentaba. Foi unha das poucas sobreviventes.

Ella Liebermann. 16 anos. Comendo e Distribución de sopa. Gueto de Bedzin. Polonia

Edita Pollakova. 9 anos. Chegada do tren de deportacións a Terezín. Edita morreu o 4 de outubro de 1944 en Auschwitz

Alfred Kantor. 17 anos. Escribiu sobre o seu debuxo: ”Tocar a alambrada significaba a morte instantánea. Ainda así, a xente compartía pan, unha sorrisa, unha bágoa…“. Terezín

Ella Liebermann. 16 anos. Os nenos son arrincados dos brazos das súas nais. Gueto de Bedzin. Polonia

Ella Liebermann. 16 anos. Coma sardiñas en lata, os xudeus de toda Europa eran enviados á morte. Gueto de Bedzin. Polonia

Helga Weissova. 13 anos. Conta neste debuxo como os alemans, obrigábanlles a recurtar as liteiras para que o barracón parecese menos apretado e así enganar á inspección da Cruz Vermella. Terezín.

Friedl Dicker conseguiu que aqueles nenos recordaran, debuxando, a vida da que foran arrincados ademáis de representar a triste e horrible realidade do campo de concentración. Por encima de todo, os nenos podían evadirse coa pintura a un mundo de fantasía e imaxinación onde o ben vencía sobre o mal, a vontade era libre e había esperanza. Son constantes os debuxos representando a súa volta a casa, as esceas cotiás ou os seus desexos de libertade. Pero Friedl Dicker respetaba plenamente a personalidade de cada neno e deixaba que vomitasen e abrisen a súa imaxinación as percepcións que sobre as atrocidades do campo tiñan. A fin de contas só 100 dos 15.000 nenos sobreviviron a Terezín. Moitos dos debuxos teñen unha excelente calidade para a idade dos seus autores, algúns deles foron, máis tarde, artistas de sona grazas á labor de Friedl Dicker Brandeis
.
Tanto Ella Liebermann como Helga Weissova sobreviviron á Shoáh. Helga seguiu os pasos da súa mentora -Friedl Dicker- e dedicou toda a súa vida ate o seu falecemento en 1998 a educar a outros sobre a infamia. Ella Liebermann seguiu pintando ate a súa morte tamén en 1998.

Comentarios