Por Shimon Peres
The Washington Post
10 de febreiro de 2009
.Non hai falta de opinións cando se trata de cuestións relativas ao Oriente Medio, e os acontecementos recentes en Gaza confirman isto. Unha minoría de especialistas en Oriente Medio teñen avogado pola causa dunha solución dun só estado, que minaría a lexitimidade e o dereito recoñecido internacionalmente de Israel a existir, como o estado xudeu soberano na terra de meus antepasados. Testemuñando persoalmente o admirábel progreso realizado pola Autoridade Palestina en anos recentes, creo que unha solución de dous estados non é só a mellor solución para este conflito antigo, é tamén unha que está ao noso alcance. A solución dun estado ten erros intrínsecos suficientes que non teñen solución algunha. Partindo da perspectiva de Israel, non é posíbel para pobo xudeu aceptar un acordo que signifique o fin da existencia do estado xudeu. Desde a perspectiva palestina, eles non deben ter negada a oportunidade de tomar o seu destino nacional nas súas propias mans. Disidente da solución de dous estados discordan - non sen algunha razón- que a Faixa de Gaza e a Cisxordania son pequenas demais para absorber os refuxiados palestinos. Mais isto tamén sería o caso sob a fórmula dun estado, resultando nun estado de 24.000 quilómetros cadrados, e que xa está rebordando cunha poboación de 10 millóns (5.5 millóns de xudeus e 4.5 millóns de árabes). Mentres os cínicos poderían cuestionar o tamaño da Cisxordania e de Gaza, os optimistas non deberían ollar alén de Singapur para ter a confianza restablecida. A área da Cisxordania e de Gaza é nove veces do tamaño de Singapur. Non obstante a poboación combinada de palestinos nas dúas rexións é menor que a de Singapur. Este país do sureste Asiático goza dun dos mellores padróns de vida do mundo. Temos fe en que os palestinos serán capaces de obter o mesmo logro, e continuaremos a traballar sen descanso cos nosos compañeiros na mesa de negociacións, para establecer un estado palestino autónomo, onde a poboación establecerá unha economía moderna, baseada na ciencia, na tecnoloxía e nos beneficios da paz. O establecemento dun país multinacional é un camiño tenue que non é un bo presaxio para a paz, ao contrario diso, reforza a perpetuación do conflito.
.
O Líbano, tomado pola violencia seitaria e a inestabilidade, representa só un dos moitos exemplos dunha indesexábel situación moi difícil. As dificultades dunha solución de dous estados son numerosas, mais permanecen como sendo a única formula moral e realista para terminar o conflito Israel-palestina. Os que non están comprometidos con esta solución, argumentan que, tras a creación dun estado palestino, a "cintura" de Israel ficaría moi estreita -unhas seis millas- para asegurar a seguridade de seus cidadáns. Realmente, seis millas sería moi estreito para garantir total seguridade, o que só reforza a nosa crenza de que a seguridade de Israel non está só relacionada coa defensa territorial, senón coa paz. A paz providencia a amplitude das ás, mesmo cando a cintura for estreita. O mes pasado, o líder líbio Muammar Gaddafi esbozou as súas suxestións para unha solución dun estado. A pesar de discordar desa fórmula, estou encoraxado pola maneira coa que el elucida e constroi a súa posición. Principalmente, é a salientar a súa premisa fundamental e central de que: "O pobo xudeu quere e merece a súa patria". A resonancia destas palabras é crucial, pois estas se opoñen aos elementos islámicos radicais que rexeitan o propio dereito do pobo xudeu de ter a súa patria na terra de seus antepasados e, con base nisto, avogan por unha "jihad" asasina, cuxo obxectivo é destruír Israel. O pobo xudeu desexa e merece vivir en paz, na súa terra natal por dereito e historia. O pobo palestino desexa e merece a súa propia patria, as súas propias institucións políticas e seu dereito á autodeterminación. É vital que esta causa estea baseada no prospecto de coexistencia entre xudeus e árabes, que se traduce en cooperación en áreas como a economía, turismo, medio ambiente e defensa. A obtención de todo isto será posíbel só garantindo a cada pobo o seu estado e fronteiras, para permitir que os seus cidadáns oren de acordo con súa fe, cultiven as súas culturas, falen as súas propias linguas e garden as súas heranzas. Imos envidar o noso maior esforzo para permitir que estes dous estados florezan. Talvez un día, israelís e palestinos escollerán, como na Europa, non permitir que as fronteiras limiten a coordinación económica ou sirvan de razón para a guerra.
.
Publicado no xornal The Washington Post o 10 de febreiro de 2009
Comentarios