Por Cesar Pazos Carreiro*
Xornal de Galicia - Galicia-Hoxe (11.02.09)
.
Eu fun un neno nunha época de esperaza. Morría o Caudillo e despertaba a Democracia e con ela, collía forza a Consciencia Organizada de Galiza e comenzei a militar no nacionalismo galego. Por inercias, e coñecedor somentes dun lado da realidade en Oriente Próximo eu fíxenme propalestino. Descubrír a impactante figura do Che Guevara e a súa mensaxe de loita sin cuartel contra as inxustizas. Un xeito de pensar e de non creer nas verdades sagradas, nas preguntas prohibidas, de practicar sempre o método científico… levoume a escoitar e estudar a outra realidade deste conflicto. A realidade do pobo de Israel. Foi entón cando descubrín a loita milenaria dun pobo perseguido, exterminado en Europa, máis 6 millóns de europeos xudeos na alemania nazi e, un pobo que nunca renunciou a recuperar a súa patria.
.
A ser donos do seu futuro. No proceso de reconquista da súa patria, Israel non fixo nada que non fixera España contra os árabes e os franceses, Cuba contra os Iankees, Irlanda contra Inglaterra, etc… . So que a Israel se lle nega todo. Incluso o dereito elemental a existir en paz. Calqueira pobo do mundo que alcanza súa liberdade e admirado, como calqueira dos anteriormente mencionados. Israel soportou sempre ó longo da súa historia épocas de histeria demoníaca na que se lles culpabilizaba de todo, como a que lles toca vivir dende o seu rexurdimento. É fácil demonizar a aqueles a quen se teme ou odia. Así se dixo de Martín Lutero, Alejandro Magno, Cristo… e en ocasións se acusou e demonizou a un pobo enteiro, Israel.
.
“Demonio” significa “coñecemeno” en grego. E Israel é un pobo que emerxe de despunta en base o coñecemento. Coñecemento da súa historia, a súa economía fundamentase no coñecemento. Non teñen nin petroleo e case non teñen auga. A educación en Israel conquire os níveis máis altos do mundo por habitante. Agarranse a democracia con ansias, xa que, coñecen moi ben a clase de rexímenes que os rodean. Son de feito a úneca democracia na zona. Son tamén, e gracias a diáspora, un dos pobos máis multiraciais do planeta, regresaron mudados de todos os rincóns do mundo. Israel é o único lugar da zona onde os árabes votan e participan da Democracia. Algúns din que os árbes israelís están perseguidos, se foxe verdade fuxirían como o fan os perseguidos cubanos. As mulleres teñen dereitos e gobernan, o contrario das lapidacións dos paises próximos e os homosexuais tamén teñen dereitos, non son considerados enfermos como en Irán…. Toda persoa en Israel ten dereitos e obrigacións.
.
E, Israel ten dereito e a obrigación de defenderse dos milleiros de misiles que reciben de Hamas. Misiles que levan a mensaxe de exterminio. E esta verba o pobo de Israel coñecea moi ben. Hamas é o contrario a democracia e o coñecemento. Hamas é o islamismo fundamentalista, o fanatismo, o fascismo que desfila por Gaza cos brazos en alto e con nenos e nenas pequenos o frente con bombas atadas ás cadeiras. Unha aberración. Escribeu Epiceto un filosofo romano e antiguo escravo: non debemos creer os moitos que din que so se debe educar ó pobo libre, senon máis ben ós filósofos que din que so os cultos son libres. Israel é un pobo culto rodeado de fanatismos e teocracias. Desexo que Palestina alcance o coñecemento lonxe de fanáticos como Hamas, ese día o pobo de Palestina estará perto da súa liberdade, como Israel.
* César Pazos Carreiro (gznacion@yahoo.es) é membro do Consello Local do BNG en Vigo e da Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista.
* César Pazos Carreiro (gznacion@yahoo.es) é membro do Consello Local do BNG en Vigo e da Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista.
Comentarios