Por José Alberto Itzigsohn
Que diferenza existe entre Gaza, Darfur e Grozny?
Nesta nota o seu autor analiza as causas que permiten a entrada de axuda humanitaria na Franxa de Gaza e porqué non chega ao Sudán nin chegou á capital de Chechenia.
Primeira pregunta
Por que non chegan barcos solidarios a Darfur?
Primeira resposta
Porque Darfur esta situado no corazón de África e non ten costa ao mar. Verdadeira. pero incompleta. Poderían chegar avións pero chegan moi poucos. O que ocorre é que a morada dos Fur, está poboada por pobos africanos, de relixión musulmá pero moi pobres, que son desaloxados dos oasis onde vivían tradicionalmente por nómades, mestura á súa vez de árabes e africanos, cuxos pastos tradicionais foron devastados pola seca. Ademais, Darfur é parte do Sudán, país árabe musulmán con quen ninguén quere enfrontarse.
Segunda pregunta
Por que non chegaron barcos solidarios a Grozny capital de Chechenia, cando esa cidade foi bombardeada e devastada polos rusos?
Primeira resposta
Porque Chechenia está situada nas montanas do Cáucaso e non ten costa marítima. Resposta certa pero incompleta. Os musulmáns de Chechenia non teñen unha prensa internacional que os apoie, e ademais, Rusia é unha gran potencia.
Terceira pregunta
Por que chegan barcos solidarios a Gaza.?
Primeira resposta
Porque Gaza si ten costa ao mar. Certo. Pero incompleto. Chegan por solidariedade co sufrimento do pobo palestino, sufrimento moi real e digno de ser tomado en conta, como os outros que citei, pero ademais, porque a causa palestina ten moi boa prensa e súmanselle factores que tratarei de enumerar, sen pretender esgotalos.
Primeiro: O carácter do conflito árabe-israelí. Os grupos palestinos como o Hamas hostigan a Israel pinga a pinga ou, se se prefire, foguete a foguete. Israel responde con incursións masivas. Hai un momento en que o cuantitativo se transforma en cualitativo e impresiona moito máis.
Segundo: Porque Israel ocupa territorios palestinos. Certo, pero incompleto. Hai factores políticos moi importantes en Israel que queren terminar con esa ocupación, pero é moi difícil retirarse cando se ten a case total certeza de que ese territorio evacuado será usado para atacar con foguetes a Israel -o ocorrido con Gaza despois da evacuación das colonias xudías desa zona, alimenta a esa sospeita-. Israel é moi forte militarmente, pero ao mesmo tempo moi vulnerable desde o punto de vista estratéxico. Os foguetes iranianos en poder do Hezbollah no Líbano e do Hamas en Gaza, movementos ambos que non recoñecen o dereito de Israel a existir, poden cubrir todo o territorio israelí e facer a vida imposible no país, sen que Irán teña que disparar un só dos seus foguetes de longo alcance e arriscarse a unha represalia. Pode chegar a ser necesaria unha axuda internacional para superar esa contradición.
Terceiro: porque na protesta internacional contra Israel súmanse factores humanistas, comprensibles e respectables, con intereses políticos de demagogos estentóreos e de xente que quere atacar aos Estados Unidos destruíndo a Israel, máis os restos aínda vivos do stalinismo e a oposición histórica dos movementos de ultraesquerda ao sionismo e outros..
Cuarto: Porque aínda que sería absurdo reducir o ataque a Israel a unha actitude antisemita e iso escurecería a verdade, o compoñente antisemita existe en moitos casos, expreso ou larvado. Onde nos leva todo isto? Seica a pedir carta branca para todas as accións israelís posto que existe unha desproporción evidente entre as respostas a esas accións e a resposta a outros dramas no mundo?
De ningunha maneira. As accións israelís teñen que ser sometidas a unha critica obxectiva, especialmente no mesmo Israel. Finalmente: aquí en Israel non debemos deixarnos gañar por unha sensación de illamento que favorece á extrema dereita, senón seguir buscando o camiño da paz cos palestinos, con todas as dificultades que iso implica e bregando pola paz universal. Temos un antecesor respectable nese camiño que se chamo Isaías. Talvez se produza algunha vez o milagre de que os barcos solidarios cheguen tamén a Darfur e a Chechenia.
Comentarios
Que xente!
O meu blog:
http://descans.blogspot.com/2009/01/si-mobliguen-triar.html