
Por Pilar Rahola
Permitan unha paréntese, sen dúbida inusual, que non remite á análise internacional que esixe este espazo, senón a unha cuestión de tipo persoal. Estes días os escasos analistas que intentamos ollar o conflito de Oriente Próximo desde unha perspectiva que non é a antiisraelí ao uso, e que non nos apuntamos ao tiro toleado contra Israel, estamos sufrindo ataques de diverso tipo. Desgrazadamente, algúns proveñen de sectores da esquerda, e outros, de sectores islamistas. Persoalmente, non me achican nin as campañas de difamación, nin os insultos, nin as ameazas. A palabra libre define aos seres libres. E só aqueles que teñen medo á liberdade negan o dereito a pensar libremente. Eu non penso calar. Porque o meu dereito a pensar distinto conforma a miña dignidade coma xornalista e coma persoa. Falemos, pois, novamente, do que está ocorrendo a miles de quilómetros do noso
terreo para os intensos bombardeos e para o matanza de nenos e civís". Comunicado que non serían quen de subscribir algúns ruidosos das esquerdas europeas. Tamén é moi significativo o papel de Turquía e, globalmente, a excepción de Siria e Irán, que torpedean calquera posible acordo, por fráxil que sexa, o silencio dalgunhas das chancelerías máis importantes do mundo islámico. Se a mirada a desviamos para o mundo occidental, esta ofensiva de Israel é a que recibiu menos críticas políticas da historia. A excepción de Zapatero, incapaz de sacarse do cerebro a kefia que ten incrustada, e que volveu a perder a oportunidade de ser un estadista, para acabar sendo un simple pancartista, a maioría dos líderes foron prudentes, e se pediron contención a Israel, tamén deixaron claro o seu rexeitamento frontal a Hamas. No telón de fondo, o problema global do yihadismo, que preocupa aos máis serios da política internacional. Non esquezamos, por exemplo, que Exipto sofre o acoso do fundamentalismo islámico a través da organización Irmáns Musulmás, da que naceu Hamas. Pode que a rúa berre moito, e que Israel, como sempre, sexa o branco do odio. Pero en realidade está na vangarda da defensa da liberdade. E algúns que berran no seu contra sábeno moi ben. La Vanguardia - 13.01.09
Comentarios