Por Juan Antonio Corbalán
A curiosidade está detrás de calquera nova experiencia buscada. A viaxe é o elemento máis ao alcance de todos para experimentar esa procura ao concreto, anteriormente imaxinado, lido ou agora na época da imaxe, visto. Por fortuna viaxei moito, pero o meu lugar e a miña viaxe é Xerusalén. Si, porque alí se conecta todo nunha harmonía marcada polo tempo, pola lenda, a relixión e a forza dunha cidade que arrastrada pola historia, non tivo máis remedio que ser o principio e o final de todo, unha cidade mimetízada á historia, así como o está á cor da pedra e a terra que a rodea. Na súa calma sospéitase todo. Os seus lugares son testemuñas mudas do que ocorreu, do que marcou unha parte importantísima da nosa historia. As súas xentes móvense como figurantes dunha película que se refai cada día. Ver como a cidade se debuxa a medida que nos achegamos. Penetrar por calqueira das súas portas que apuntan aos camiños que reforzan a súa lenda. Pasear polas súas rúas, que se obstinan en parecer capítulos distintos dun libro sempre aberto, sempre cambiante, perfumado co aroma das especias e adornado cos símbolos de tantas formas de entender a espiritualidade. Alí xúntase todo: a guerra e a paz, o laico e o relixioso, o soñado e a realidade, o pasado e o futuro, o inmóbil e a forza do que non pode deixar de moverse porque, se asi fóra, algo de todos nós se pararía. E alí parado, míranos o Muro das Lamentacións e míranos a gran cúpula dorada coa a súa mesquita unidos para sempre e por sempre por séculos de discordia. Por iso sempre irei a Jerusalem. por iso, mellor dito, paréceme que nunca saín de Jerusalem.
Comentarios