Por Pilar Rahola
Basta ler aos seus líderes para entender que Occidente ten unha visión inservible da yihad. A yihad é a revolución permanente para o movemento islámico", escribiu Sayyib Qubt, un dos ideólogos do fundamentalismo, no seu libro máis emblemático, "Sinais no camiño", publicado en 1964. O seu homólogo paquistaní, Abu Al Maududi, fundador da sanguinaria Yamaa Islamiya -responsable dos atentados de Bali- foi igualmente explícito nos libros que publicou, antes de morrer en Lahore en 1979: "ou hai islam ou hai yahiliyya", é dicir, ou hai islam, ou hai apostasía, maldade contra Deus. A opción, pois, para o bo crente expúñase como inexorábel.
Anos antes, Hasan al Bannaa, o fundador en 1928 dos Irmáns Musulmáns e pai espiritual de todas as organizacións yihadistas do mundo, xa asegurara que a yihad bélica era o único camiño para retornar a gloria á Umma, é dicir para avanzar no soño dunha comunidade musulmá planetaria. A diferenza da yihad do corazón, que é unha loita espiritual, a yihad da espada necesitaba organización, captación e acción violenta, e para esa tripla necesidade, traballaron a fondo desde principios do século vinte. O primeiro que resulta fundamental entender, pois, é que a violencia yihadista nin é un fenómeno recente, nin é local, nin é explicable en termos de terrorismo clásico. Os seus tempos non son os nosos, as súas causas non son as obvias, os seus movementos non son previsibles. Observado o fenómeno coa lupa xeopolítica, as súas motivacións poderían vincularse a causas nacionais clásicas -Caxemira, Palestina, Chechenia, Mindanao, os uigures de Xinjiang-, pero en realidade esas causas non son o obxectivo do yihadismo, senón a fonte das súas xustificacións. Só fai falta ler os escritos dos seus líderes, para entender que a concepción occidental do yihadismo, é inservible. Dokky Umarov, na súa proclamación unilateral do Emirato Islámico do Cáucaso, díxoo clararamente: "Nós somos parte indivisible da Umma islámica e non é necesario determinar as fronteiras. O Cáucaso está ocupado por kuffar (infieis) e apóstatas e é Dar al Harb, o territorio da guerra, e a nosa tarefa prioritaria é converter o Cáucaso en Dar as Salam (a Casa da Paz), establecendo a sharia e expulsando aos kuffar. Despois de expulsalos, debemos reconquistar todos os territorios históricos dos musulmáns, e estas fronteiras están máis aló dos límites do Cáucaso". O seu homólogo, Ayman al Zauahiri, o ideólogo de Al Qaeda, escribiu na famosa fetua de 1998, "todo musulmán que estea en condicións de facelo ten o deber persoal de matar os americanos, aos xudeus e aos seus aliados, en calquera país onde sexa posible". E así até o infinito. Como me permitín sinalar a miúdo sobre do yihadismo, o noso primeiro problema é que non lemos os seus textos. Este é o decálogo para entender o fenómeno totalitario máis importante desde o nazismo.
Primeiro, é planetario, é bélico e a súa trincheira é o mundo global.
Segundo, aliméntase de causas nacionais, pero non cre nelas. A súa finalidade é a República Islámica mundial.
Terceiro, non presenta organizacións clandestinas ao uso, senón unha filosofía xeral que permite a autonomía dos seus seguidores, unha especie de franquía do terrorismo.
Cuarto, nútrese de mozos de barrios pobres, sen perspectivas nin esperanzas, necesitados de sentido na súa vida.
Quinto, mestura con perversa intelixencia épica, relixión e nación, de maneira que dá transcendencia tanto terreal como espiritual.
Sexto, leva miles de mortos en todo o mundo.
Sétimo, a súa estratexia é a desestabilización permanente.
Oitavo, move moito diñeiro.
Noveno, é minoritario no islam, pero o seu movemento xera millóns de simpatizantes.
Décimo, usa o nome do islam, pero é o principal asasino de musulmáns en todo o planeta.
Este fenómeno é o que asasinou a decenas de persoas na India. E en Bali, e en Xerusalén, e en Nova York, e en Buenos Aires, e en Iemen, e en Londres e en Madrid...
La Vanguardia - 02.12.08
Comentarios