ENTREVISTA EN "AVUI" CON SIMON PERES


Entrevista no xornal catalán AVUI con Simón Peres, presidente de Israel

"Que deixen de disparar desde Gaza e abriremos a fronteira"

O presidente de Israel, Simón Peres, recibiu onte luns a AVUI no seu despacho oficial en Xerusalén poucos días despois da onda de atentados en Bombai, a capital financeira da India. O perigo que supoñen os ataques, afirma Peres, afecta a todo o mundo.

Avui - Que futuro lle agarda ao mundo libre, que loita contra o terrorismo internacional que agora atacou a India?
Simón Peres - Se o mundo non comprende as dimensións do perigo, o mundo será a súa vítima. O perigo é global, non ten fronteiras, non ten moral, é ilóxico e considérase santo, cre que iso lle dá dereito en asasinar a quen queira. Non hai un país sen hoteis, hospitais, escolas, e está claro que non se pode protexer todo. O que se debe facer é impedir que esta xente exista.
Que se debe facer, entón?
Témonos que defender. E se lanzan un ataque total ao mundo, a defensa debe ser tamén total, para protexerse desta minoría. Por agora, non se está formando aínda unha coalición internacional. Máis centenares de persoas pagarán o prezo das dúbidas e das medias tintas co que se actúa neste sentido.
Israel ten o seu desafío moi cerca en canto ao terrorismo. Hai que descartar a posibilidade de volver en tomar a franxa de Gaza, gobernada por Hamás, para parar o lanzamento de proxectís contra Israel?
Iso non debe ser tema de debate público. Non saímos de Gaza para volver, pero tampouco saímos para nos continúen disparando. Ou sexa, mantemos o principio de non volver en Gaza, pero tamén o de lexítima autodefensa.
Algúns din que nunca estivemos preto da paz e outros se preguntan de que falan os primeiros...
As negociacións cos palestinos avanzan e, por tanto, o pesimismo non me parece apropiado. Aclarar que o tema é complicado, a terra é moi pequena, o pasado moi complexo. Pero é difícil, non imposible.
Se se alcanza unha solución e se crea un Estado palestino, será viable? Hai numerosos asentamentos sobre o terreo que complican a continuidade territorial do Estado palestino...
Hai unha solución aos asentamentos. Podemos dicir que se chegou máis ou menos a un entendemento segundo o cal concentraremos os asentamentos en dous ou tres bloques e compensaremos aos palestinos con outras terras equivalentes.
Cre a Hamás cando di que está disposto en aceptar un Estado palestino nas fronteiras do 1967?
Non está disposto. O que di é que se retrocedemos ás fronteiras do 1967 fará un cese do fogo durante algúns anos. Pero por unha tregua ninguén o dará todo. Existen diferenzas entre a paz e o cesamento do fogo.
Sexa como sexa, colocan a Israel nunha situación moi difícil, xa que disparan desde Gaza. Israel reacciona pechando automaticamente os pasos fronteirizos e por iso o condenan. séntese cómodo con esta situación?
Por suposto que non me sinto cómodo, pero non atopamos outra maneira de actuar. Quéixanse de que pechamos os pasos fronteirizos? Que deixen de disparar e entón reabriranse.
A ONU sostén que o peche é un castigo colectivo que Israel impón á poboación palestina de Gaza.
Que propón a ONU entón? O feito de que nos disparen desde Gaza tamén é un castigo colectivo. Cando lanzan proxectís sobre poboación civil en Sderot, que é iso? Un castigo individual?
Non se lle plantexa un problema moral co peche dos pasos de Gaza?
Si. Eu preferiría que non pasase. Pero non somos nós os que pechamos os pasos, son eles os que os pechan ao disparar kassam e foguetes contra Israel.
Cal é a esencia do perigo de Irán?
Se Suíza tivese unha bomba atómica, alguén tería medo? Non. Pero se a ten Mahmud Ahmadinejad, todo o mundo ten medo. É unha persoa inestable, medio toleada polo odio, un perigo público. O mundo estará en perigo, non só Israel. Pensar que alguén pode vir cunha maleta nuclear ao centro dunha cidade e ameazar e extorsionar é terrible. E quen dixo que elixirán Israel? Xa vimos que poden atacar en India, Londres, España.
Freará Israel a Irán?
Cando é necesario, Israel sabe ser modesto. Israel non dirixe o mundo. O problema non é israelí, así como non foi israelí o que pasou en Madrid nin agora o atentado de Bombai. Tampouco os feitos de Chechenia nin os de Afganistán, nin os de Iraq...
Outro desafío para Israel é a situación en Judea e Samaria, os termos bíblicos para designar Cisxordania, onde un núcleo de liña dura dos habitantes dos asentamentos di que non permitirán que os evacuen. Como resolverá Israel este problema?
Podemos falar de compromisos territoriais, non de compromisos ou medias tintas en canto á democracia. Se non se respectan as decisións da maioría, o pobo queda dividido. O pobo non permitirá que ningún grupo o divida.
Pero fálase moito neste sentido e na práctica non se fai nada, case non se evacuan os asentamentos ilegais que hai...
Esta xente non controla o país, facémolo nós. A maioría controla o Estado de dereito. Dixemos que non habería máis asentamentos e non os hai. Dixemos que serían evacuados os pequenos asentamentos ilegais e estámolo a facer...
Pero, segundo diversos informes, a construción aos asentamentos multiplicouse...
Aquí hai certa confusión. Non é o mesmo construír para responder o crecemento vexetativo nos asentamentos que construír outros novos. Se nacen nenos, téñense que construir parvularios. Pero non hai novos asentamentos.
Entrevista publicada no xornal catalán AVUI o 1 de Decembro de 2008

Comentarios