ISRAEL, FELIZ 60 ANIVERSARIO


Por Joan Lopez

Moitos son os lazos que unen a Israel con Catalunya. Josep Plá, xa antes da creación do estado xudeu en 1948, do que agora se conmemoran 60 anos, escribiu un magnifico libro baseado nunha viaxe súa a Israel no ano 1947, cando aínda era colonia británica. Barcelona conta cunha escola Sefardí, a Sinagoga de Barcelona é a máis antiga de España, recentemente constituíuse unha Cámara de Comercio Catalá-Israelí, a Cooperativa vinícola de Capçanes produce un dos mellores viños elaborados baixo o método Kosher do mundo, infinidade de cataláns teñen entre os seus apelidos nomes de profesións como Sabater, Teixidó, Fuster, procedentes dos xudeus conversos que permaneceron en Catalunya tras a súa expulsión. Montjuïc é a derivación de Mont Juif ou Monte dos Xudeus. Israel, tan lonxe e tan cerca, tan só alén do Mediterráneo é un país prospero, a pesar das agresións dos seus veciños ao longo da súa longa e, á vez, breve historia. é a única democracia de Oriente Medio. Non deixa de ser unha contradición que algúns países árabes e algunhas organizacións terroristas como Hamas ou Hezbollah declaran a súa intención de borrar da face da terra a Israel, un país no que viven máis de 1,5 millóns de árabes e o lugar do mundo onde estas persoas atoparon maiores cotas de prosperidade, liberdade e dereitos de todo tipo en contraposición aos autoproclamados países islámicos onde hai todo tipo de carencias en materia de liberdades políticas ou relixiosas. Sempre me sorprendeu a animadversión con que a maioría dos medios de comunicación tratan a Israel. Especialmente virulentas son as campañas que desde algúns ámbitos da esquerda se emprende contra Israel, un país que naceu dun soño de persoas de esquerdas como David Ben Urion ou Golda Meier e que entre os seus mitos conta con formas de organización social e económicas tan de esquerdas como os Kibbutz ou granxas cooperativas agrícolas. Israel é un país que soubo resolver algún dos grandes problemas sociais que nos preocupan aos cataláns por exemplo a inmigración. Cada ano miles de xudeus de todos os lugares do planeta chegan a Israel co fin de manter vivo un país que sirva de refuxio aos millóns de xudeus que foron perseguidos, marxinados ou asasinados durante séculos en moitísimos lugares do globo. Todas estas persoas se integran nunha sociedade multicultural e multiétnica nun ámbito xeograficamente máis pequeno que Catalunya. Ninguén manda aos seus fillos á guerra por pracer, ningún goberno destina porcentaxes do PIB, inimaxinables no noso país, a defensa por capricho. Coñecer a realidade de Israel, respectar o proceso que levou aos israelitas a pasar en 60 anos de vagar polas pradarías de Europa tras a liberación dos campos de concentración en 1945 e a estar encerrados no barco Exodo, por que ninguén os quería, a ser a nación do mundo con máis enxeñeiros per capita ou o segundo país do globo en investimento tecnolóxico merece o noso aplauso. A súa loita e sacrificio fronte ao totalitarismo fanático tamén.

Joan López é Secretario Xeral de Novos Empresarios de Catalunya

Comentarios