AS ELECCIONS USA NON COLMAN AS FANTASÍAS DO ESPECTRO POLITICO ISRAELÍ


Por Aluf Benn

Haaretz (03.10.08)

É a última fantasía da esquerda israelí. Despois de ser elixido presidente dos Estados Unidos este martes, Barack Obama coloca o conflito palestino-israelí no máis alto da súa axenda. Un alto enviado presidencial, por exemplo o vicepresidente Joe Biden, é enviado á rexión e non regresa ate que os líderes de ambas partes asinan un acordo para dividir a terra e crear un Estado palestino. Obama rompe as ataduras do medo ao lobby prol-Israel e dá un ultimato a Israel: non máis axuda financeira ou apoio político ate que Israel desmantele todos os seus asentamentos e os seus checkpoints, e se retíre ás fronteiras acordadas. Israel volve ás súas fronteiras de 1967, unha Palestina independente consolídase ao seu lado e a dereita vese obrigada a admitir que estaba equivocada. A fantasía da dereita é que finalmente o elixido é John McCain. A continuación, coloca no máis alto da súa axenda a aniquilación do programa nuclear iraniano e o terrorismo islamita. Centos de avións devastan as instalacións nucleares de Irán, xunto cos seus edificios gobernamentais, bases militares e refinarías de petróleo. Unha forza especial detén o presidente iraniano Mahmoud Ahmadinejad e o leva ante a Corte Internacional de Xustiza. Despois axuda a que Israel derrote a Hizbollá no
norte e a Hamás no sur. Despois de derrotar a devanditos adversarios, McCain anuncia que Israel permanecerá para sempre dentro dunhas "fronteiras defendibles", mantendo o control de Cisxordania, os Altos do Golán e Gaza, que acaba de ser recuperada. Millóns de xudeus americanos inmigran a Israel para poboar os asentamentos deixándose do lado a visión dos dous estados, o que obriga á esquerda a recoñecer o seu fracaso. Ningunha desas fantasías é materializable. O novo presidente de EEUU falará de boca para fóra: anunciará o seu apoio á "solución de dous estados" e criticará o perigo nuclear iraniano. Expresará a súa esperanza de que se manteña esta tensa tranquilidade no Oriente Medio, e que unha nova guerra non se produza. Él centrarase na súa tarefa principal: a reactivación da economía norteamericana e o rescate da economía mundial da crise. O goberno israelí terá como principal obxectivo prestar apoio a este proceso, e por tanto, evitar facer demasiado ruído ou entrar en conflitos. Hai catro cuestións na orde do día con respecto á relación de Israel cos EEUU: o proceso de paz e os asuntos conexos, o programa nuclear iraniano, a axuda militar e as iniciativas de control armamentístico. Cada unha destas cuestións pode producir desacordos entre Washington e Jerusalém, pero tamén son fundamentais para a cooperación internacional e os seus logros. Se Obama é elixido, pasará a formar parte da campaña electoral israelí. Tzipi Livni tentará convencer aos votantes de que Benjamin Netanyahu verase obrigado a entrar nunha seria confrontación coa administración americana debido á súa resistencia ao proceso de
paz e o seu apoio a un ataque a Irán. Netanyahu tentará persuadir aos electores de que a súa firme posición sobre estes temas axudaralle a negociar un acordo mellor coa nova administración. Unha vitoria para McCain tería moito menos impacto por aquí. Outro tema é a cuestión dos nomeamentos. Se Obama gana, e nomea ao antigo equipo de paz de Clinton -como algúns parecen esperar- será o sinal de que se adhire ao enfoque intervencionista de Bill Clinton. Se opta por mantelos fora do xogo, será o sinal que non existe ningunha présa. Pero mesmo se Obama decide dar pasos na resolución do conflito, pronto descubrirá o difícil que é cultivar rápidos beneficios na mesa de negociacións palestina, por mor da división entre Cisxordania e Gaza. A canle de Siria parece máis prometedora, e Obama parece máis aberto a un diálogo con Bashar Assad. En calquera caso, parece plausible para o novo presidente atopar tempo para chegar a un acordo, mentres atende ás cuestións financeiras ao alcance da man.

Comentarios