Holocausto (en grego antigo: ὁλόκαυστον, ὁλον [todo] + καυστον [queimado])
Todo aquilo que sabemos sobre o holocausto nazi, a Shoáh, será sempre para nós unha dualidade. Nada do que sabemos parece ser suficiente para chegar a comprender, no entanto aquilo que coñecemos é terríbel de máis para empurrarnos a procurar saber máis. Para desmembrar estas imaxes do video non precisamos certamente de ouvir con todo o rigor o son do craneo a bater contra a pedra dura das escaleiras, nin o ruído seco do tiro cando sae da pistola. nada disto é necesario porque xa o sabemos. Máis alá do que as propias imaxes do video nos transmiten o que é realmente importante percibir é aquilo que provocou estes acontecementos. Que tipo de argumentario maquiavélico puido provocar estes actos? Tal como se fose un eco, unha treboada dentro da cabeza de cada un dos personaxes o discurso de Hitler serve como base de fondo para a acción das imaxes. Cando escoitamos o fluir dos seus discursos, a cadencia das súas argumentacións, o ton firme imposto a cada un dos movementos, percibimos todas as implicacións que os seus inhumanos ideais tiveron na humanidade.
(son discurso de Hitler en Nürember [1934]; discurso de Hitler [1932])
Comentarios