
Por Andreu Lascorz. Presidente de ARCCI
Os éxitos de "A lingua das bolboretas", "Libertarias", "Terra e liberdade", de biografías, autobiografías e doutras manifestacións culturais sobre a guerra civil propoñen reflexións. O por que deste gran interese quizais ten que ver co feito de que probablemente a guerra civil representou o último espertar solidario da conciencia intelectual europea en defensa dunha causa con maiúsculas, e que á fin e ao cabo foi o preludio da segunda guerra mundial, onde os fascismos europeos derrotaron ás democracias. Sempre planeou outra cuestión, as causas da relevante participación de xu
deus europeos, norteamericanos, da Palestina do mandato británico e de todas partes do mundo. Entre 6.000 e 8.000 viñeron a defender a República. Moitos deles eran internacionalistas e querían deter o nazi-fascismo europeo. Sobre un total de aproximadamente 40.000 voluntarios, chama a atención o elevado peso deste continxente de voluntarios xudeus, moi diverso. que consolidou no bando fascista a identificación entre comunistas e xudeus. Recordemos o complot xudeo-marxista. Simpatía, afecto, admiración pola República, identificación dos sublevados coa España da Inquisición... explica que moitos obreiros e intelectuais xudeus residentes na Terra de Israel enviaran apoios económicos. Mesmo o diario liberal "Haaretz" defendeu a República. Preto de 250 xudeus, maioritariamente do Partido Comunista, que loitaban pola súa existencia na Palestina do mandato, enfrontados ao movemento árabe-palestino, abandonaron a súa terra por defender a República como pioneiros do antifascismo e buscando a solidariedade internacional obreira, típica da tradición socialista xudía. Un rabino norteamericano dixo: "Tomei as armas contra os perseguidores do meu pobo e da miña clase, a dos opresores". Os xudeus eran máis do 70% nos servizos médicos das Brigadas Internacionais, e o idish converteuse en lingua franca nos hospitais e nos grupos que cruzaban os Pirineos por para sumarse á loita. Tras 1939, republicanos e xudeus sufriron confinamentos en campos de concentración e exterminio, mentres loitaban contra os nazis. Posteriormente, algúns republicanos españois capitanearon naves de inmigrantes ilegais (a Atamaut, Independencia e a Moledet, Patria) repletas de xudeus sobreviventes do Holocausto cara á Terra de Israel, que aínda xestionaba o goberno británico. No inicio da Guerra de 1948 a Defensa Armada Xudía (Haganá) tentou conseguir a axuda de exiliados españois en Francia para que lles levasen armas. O compromiso antifranquista de moitos membros dos gobernos e da diplomacia israelí foi un factor determinado que impediu o establecemento de relacións diplomáticas entre Israel e España. Non foi até o ano 1986 cando Felipe González e Simón Peras acordaron o establecemento de relacións diplomáticas plenas.

Artigo publicado en Reusdigital.cat
Comentarios