Horas despois de asegurar o seu nomeamento polo Partido Demócrata para a Presidencia dos Estados Unidos, o senador Barack Obama interveu, en Washington D.C., perante a conferencia anual do American Israel Public Affairs Committee. Seguen algúns extractos da mesma:
"Tomei conciencia da historia de Israel por primeira vez cando tiña 11 anos. Aprendín acerca da longa xornada e da constante determinación do pobo xudeu en preservar a súa identidade a través da fe, da familia e da cultura. Ano tras ano, século tras século, os xudeus preservaran as súas tradicións, e o seu soño dunha patria, perante imposíbeis contrariedades. A historia impresionoume de forma profunda e poderosa. Eu crecera sen noción de raíces. O meu pai era negro, natural do Kenia, e deixounos cando eu tiña dous anos. A miña nai era branca, nacera en Kansas, e eu mudeime con ela para a Indonesia e despois para o Hawai. Durante moitos anos, eu non sabía de onde viña. Por iso atraíame a idea de que se podía sustentar unha identidade espiritual, emocional e cultural. E comprendín profundamente o ideal sionista de que hai sempre unha patria no centro da nosa historia. (...) Aprendín tamén acerca dos horrores do Holocausto e da terríbel urxencia que trouxo á xornada de retorno á patria de Israel. Durante a maior parte da miña infancia vivín cos meus avós. O meu avó combateu na Segunda Guerra Mundial, tal como o meu tío-avó. El era un rapaz de Kansas, que probabelmente nunca esperara ver a Europa - canto máis os horrores que alí o esperaban. E durante meses despois de ter volto de Alemaña, el permaneceu en estado de shock, só coas dolorosas memorias que non o abandonaban. É que o meu avó pertencía á 89ª División de Infantaria - os primeiros soldados americanos a chegaron a un campo de concentración nazi. Eles liberaran Ohrdruf, parte do campo de concentración de Buchenwald un día de Abril de 1945. Os horrores dese campo van moi alén da nosa capacidade para os imaxinar. Decenas de millares morreran de fame, tortura, doenza, ou simplemente asasinados - parte da maquinaria de morte nazi que matou seis millóns de persoas. Cando os americanos entraron alí, descubriron moreas de cadáveres e sobreviventes famentos. O xeneral Eisenhower ordenou que os alemáns residentes nas terras veciñas visitasen o campo, para que puidesen ver o que alí fora perpetrado no seu nome. Ordenou que os soldados americanos visitasen os campos, para poderen decatarse porque combatían. Convidou a congresistas e xornalistas para testemuñaren. Ordenou que se tirasen fotografías e se filmase. Explicando as súas accións, Eisenhower dixo que quería producir -testemuños en primeira man para evitar que no futuro haxa algunha tendencia para se dicir que isto todo non pasa de propaganda. Vin algunhas destas imaxes no Yad Vashem, e nelas nunca nos deixan. E esas imaxes só aluden levemente á historias que os sobreviventes do shoa cargan consigo. Tal como Eisenhower, cada un de nós testemuña a todo e todos que quixeren negar estes crimes sen nome. Temos que querer dicir o que dicimos cando afirmamos: nunca máis. Foi só algúns anos despois da liberación destes campos que David Ben-Gurion declarou a fundación do Estado de Israel. Sabemos que o establecemento de Israel foi xusto e necesario, enraizado en séculos de loita e décadas de paciente labor. Mais 60 anos despois, sabemos que non podemos baixar os brazos, non podemos capitular, e mentres Presidente nunca irei ceder cando se tratar da seguridade de Israel. (...) Tal como calquera israeli nos dirá, Israel non é un país perfecto mais, tal como os Estados Unidos, dá un exemplo a todos cando busca un futuro máis perfecto. (...) Porque hai un empeño incrustado na fe e tradición xudía: no sentido da liberdade e da lealdade; no sentido da xustiza social e da igualdade de oportunidades. No sentido de tikkun olam - a obrigación de reparar o mundo. Nunca esquecerei que non estaría aquí hoxe se non fose ese empeño. Nos grandes movementos sociais da historia do noso país xudeus e afro-americanos estiveron sempre ombro con ombro. Xuntos colleran autobuses rumbo ao Sur. Marcharan xuntos. Sangraron xuntos. Xudeus americanos como Andrew Goodman e Michael Schwerner estiveron dispostos a morrer ao lado dun home negro -James Chaney- en nome da liberdade e da igualdade. Vós e eu sabemos que temos que facer máis que simplemente ficar quietos. Agora é tempo de ficar vixiante e encarar a todos os adversarios, a medida que avanzamos na busca dun futuro de paz para Israel e para todos. Agora é tempo de apoiar Israel neste novo capítulo da súa extraordinaria xornada. Agora é tempo de nos xuntarmos na tarefa de reparar o mundo".
Tirado da Rua da Judiaria
Comentarios